O vindeiro sábado toca xuntanza mensual.
https://mobilizon.fr/events/215cbba3-c88e-4df0-901e-39eeb9ba3342
Lembrade que, coma sempre, sexades ou non socios de GALPon sodes ben
recibidos.
Este será o primeiro encontro após as asembleas, se non asistiches e queres
estar ao tanto, aproveita.
De todos os xeitos, permanecede atentos a Mastodón, á sala en [matrix] e a
Mobilizon, por se houber novidades ou houber algún problema coa cafetería
(p. ex. que non abra ese día) que entón xa diriamos onde ir.
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
Boa tarde,
Acabamos de reactivar esta lista de correo coa migración de Mailman 2.1 a
Mailman 3.
Agardo que todo vaia ben :-)
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Software Libre"
Boa tarde:
Por suxestión do noso tesoureiro, a xuntanza de fin de mes do próximo 28
de setembro de 2024 será ás 18:00 na Carvalleira do monte da Guia,
coincidindo coa actividade "Entre contos e carvalhos". Adxuntamos un
cartel con máis información.
Un saudo.
Coas últimas propostas, a orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria do
próximo sábado queda así:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2023
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2024
5.- Modificación dos estatutos
5.1.- Traducir os estatutos ao galego
5.2.- Declarar o galego como idioma da asociación
5.3.- Cambiar a sede da asociación
Se alguén quere incluír algún tema nesta orde, pode remitir unha
mensaxe a secretario(a)galpon.org, no grupo de Matrix ou no grupo de
Telegram, antes do venres ás 24.00 horas.
Adrián Chaves Fernández, secretario do Grupo de Amigos de Linux de
Pontevedra, por orde do Presidente e conforme ao Artigo 25 dos
Estatutos desta Asociación, convoco a todas as persoas socias á
Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o SÁBADO 1 de XUÑO de 2024, ás
19:00 horas en primeira convocatoria, e ás 19:30 en segunda
convocatoria coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2023
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2024
Así mesmo, convoco na mesma data SÁBADO 1 de XUÑO de 2023, a Asemblea
Xeral Extraordinaria ás 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en
segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de persoas socias, a proposta da Xunta
Directiva, por falta de pagamento de cotas.
As asembleas terán lugar, se non hai noticias en contra, nas oficinas
de Librebit/Aitire, na rúa Uruguai, nº 15, entresollado B, de Vigo.
https://www.openstreetmap.org/?mlat=42.23625&mlon=-8.71763#map=18/42.23625/…
Prégase a asistencia de todas as persoas socias. Lembrámosvos que para
exercer o dereito a voto debe estarse ao día no pagamento da cota.
Lembrámosvos, así mesmo, que a cota é por anos naturais. Por se alguén
desexa pagar en efectivo, o Sr. Tesoureiro estará presente e poderá
facer os cobros.
PD. Se alguén quere engadir algún punto á orde do día, pode facelo en
resposta a este fío, enviando copia a secretario(a)galpon.org antes do
LUNS 27 de MAIO de 2024.
Envíovos un pequeno resumo do máis importante do falado e acordado nas últimas
asembleas (realizadas o pasado 25 de marzo).
Na Asemblea Ordinaria, destacar o seguinte:
- O presidente confirma que a día de hoxe non se recibiu ningunha
comunicación da AMTEGA sobre a sinatura do convenio en 2023, polo que
acordamos que o presidente envíe unha mensaxe á AMTEGA.
Nota: Pouco despois das asembleas o presidente púxose en contacto coa
AMTEGA, que explicou que o atraso este ano é porque van cambiar a forma de
organizar o convenio.
- As persoas socias presentes están de acordo, unanimemente, en subir a cota
de 15€ anuais a 25€ anuais. Decídese propoñer a subida na lista da
asociación, para ver que opina o resto da asociación.
Na Asemblea Extraordinaria, destacar o seguinte:
- Acordouse escoller como membros da Xunta Directiva aos mesmos compoñentes
da anterior, a saber: Miguel Bouzada, Sergio Costas, Máximo Coejo e eu
mesmo, Adrián Chaves.
- Tamén demos de baixa a dous socios por, de forma reiterada, non pagar as
cotas.
Aquelas persoas que queiran ter copia das actas só teñen que solicitalo a
secretario(a)galpon.org e seranlle remitidas á conta que teña rexistrada na
asociación.
Adrián Chaves Fernández, secretario do Grupo de Amigos de Linux de
Pontevedra, por orde do Presidente e conforme ao Artigo 25 dos Estatutos
desta Asociación, convoco a todas as persoas socias á Asemblea Xeral
Ordinaria a celebrar o SÁBADO 25 de MARZO de 2023, ás 19:00 horas en
primeira convocatoria, e ás 19:30 en segunda convocatoria coa seguinte orde
do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2022
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2023
Así mesmo, convoco na mesma data SÁBADO 25 de MARZO de 2023, a Asemblea
Xeral Extraordinaria ás 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en
segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de persoas socias, a proposta da Xunta Directiva,
por falta de pagamento de cotas.
As asembleas terán lugar, se non hai noticias en contra, nas oficinas de
Librebit/Aitire, na rúa Uruguai, nº 15, entresollado B, de Vigo.
https://www.openstreetmap.org/?mlat=42.23625&mlon=-8.71763#map=18/42.23625/…
Prégase a asistencia de todas as persoas socias. Lembrámosvos que para
exercer o dereito a voto debe estarse ao día no pagamento da cota.
Lembrámosvos, así mesmo, que a cota é por anos naturais. Por se alguén
desexa pagar en efectivo, o Sr. Tesoureiro estará presente e poderá facer
os cobros.
PD. Se alguén quere engadir algún punto á orde do día, pode facelo en
resposta a este fío, enviando copia a secretario(a)galpon.org antes do luns
20 de Marzo do 2023.
Temas para a Orde do día
Viaxe a Zaragoza, esLibre 2023
Compra «tapacámaras»
Estado do convenio coa Amtega (Xunta)
Programa de actividades sobre «Seguridade dixital básica»
Proposta do presidente para subir as cotas
Colaboración con Snap!Con 2023@Citilab - https://www.snapcon.org
Se alguén quere incluír algún tema nesta orde, pode remitir un correo a
secretario(a)galpon.org, antes do venres as 24.00 horas
Temas para a Orde do día das asembleas xerais do próximo sábado:
- Viaxe a Zaragoza, esLibre 2023
- Compra «tapacámaras»
- Estado do convenio coa Amtega (Xunta)
- Programa de actividades sobre «Seguridade dixital básica»
- Proposta do presidente para subir as cotas
- Colaboración con Snap!Con 2023@Citilab - https://www.snapcon.org
Se alguén quere incluír algún tema nesta orde, pode remitir unha mensaxe a
secretario(a)galpon.org, antes do venres as 24.00 horas.
Adrián Chaves Fernández, secretario do Grupo de Amigos de Linux de
Pontevedra, por orde do Presidente e conforme ao Artigo 25 dos Estatutos
desta Asociación, convoco a todas as persoas socias á Asemblea Xeral
Ordinaria a celebrar o SÁBADO 25 de MARZO de 2023, ás 19:00 horas en
primeira convocatoria, e ás 19:30 en segunda convocatoria coa seguinte orde
do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2022
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2023
Así mesmo, convoco na mesma data SÁBADO 25 de MARZO de 2023, a Asemblea
Xeral Extraordinaria ás 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en
segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de persoas socias, a proposta da Xunta Directiva,
por falta de pagamento de cotas.
As asembleas terán lugar, se non hai noticias en contra, nas oficinas de
Librebit/Aitire, na rúa Uruguai, nº 15, entresollado B, de Vigo.
https://www.openstreetmap.org/?mlat=42.23625&mlon=-8.71763#map=18/42.23625/…
Prégase a asistencia de todas as persoas socias. Lembrámosvos que para
exercer o dereito a voto debe estarse ao día no pagamento da cota.
Lembrámosvos, así mesmo, que a cota é por anos naturais. Por se alguén
desexa pagar en efectivo, o Sr. Tesoureiro estará presente e poderá facer
os cobros.
PD. Se alguén quere engadir algún punto á orde do día, pode facelo en
resposta a este fío, enviando copia a secretario(a)galpon.org antes do luns
20 de Marzo do 2023.
O próximo sábado 25 vémonos a partires das 7 da tarde, na cafetería
Diversum na rúa Venezuela nº 35 (na baixada cara Simón Bolivar e Ecuador).
Como sempre, a esta xuntanza pode asistir quen lle apeteza, iso si, so
terán voto os socios.
https://www.openstreetmap.org/?mlat=42.232709&mlon=-8.719319&zoom=17#map=17…