O próximo sábado 28 vémonos a partires das 7 da tarde, na cafetería
Diversum na rúa Venezuela nº 35 (na baixada cara Simón Bolivar e Ecuador).
Como sempre, a esta xuntanza pode asistir quen lle apeteza, iso si, so
terán voto os socios.
https://www.openstreetmap.org/?mlat=42.232709&mlon=-8.719319&zoom=17#map=17…
Decidido. este sábado 17 vémonos a partires das 7 da tarde, na cafetería
Diversum na rúa Venezuela nº 35 (na baixada cara Simón Bolivar e Ecuador).
Como sempre, a esta xuntanza pode asistir quen lle apeteza, iso si, so
terán voto os socios.
https://www.openstreetmap.org/?mlat=42.232709&mlon=-8.719319&zoom=17#map=17…
O bar onde imos facer o xantar está nas Travesas, na Rúa Manolo Martinez nº
15, tramo entre Fragoso e Florida.
Mapa de posición → https://osm.org/go/b9KgzUEA0--?m=
O bar en cuestión chámase «Pulpería Las Traviesas»
Podedes ver a imaxe anexa na que sitúo as opcións para aparcar.
Este aparcadoiro é unha finca privada, a diario en horas laborais ahi xente
cobrando, os sábados nunca vin a ninguén, e aparca quen quere de balde.
Pola zona media entre os dous puntos, onde a curva que fai a rúa Luís
Seoane, tanto indo car onde está o «noso» bar como cara ao Mercado é
probábel que a esas horas, como xa está pa piques de pechar o Mercado,
tamén haxa sitio
Outra posibilidade é o aparcadoiro municipal da rúa Castelao.
[image: aparcadoiroXantar19-11.png]
A xuntanza do fin de semana pasado, que non se fixo por estar varios de nós
na Xornada de Mugardos, celebrarase este sábado 5 a partires das 7 da
tarde, na cafetería Diversum na rúa Venezuela nº 35 (na baixada cara Simón
Bolivar e Ecuador). Nesta xuntanza decidiremos os últimos detalles cara o
xantar do 20 Aniversario.
Como sempre, a esta xuntanza pode asistir quen lle apeteza, iso si, so
terán voto os socios.
https://www.openstreetmap.org/?mlat=42.232709&mlon=-8.719319&zoom=17#map=17…
Como ben saberedes (e senón, aquí volo lembro) o vindeiro 16 de novembro,
GALPon está de aniversario maior, facemos xa 20 anos.
Teremos que actualizalo nestes días, pero podedes ver o resumo dos 15
primeiros anos:
https://wiki.galpon.org/Resumo_dos_primeiros_15_anos_da_nosa_historia
Para celebralo imos organizar un xantar ou unha cea e xa que este ano
coincide en mércores, temos que escoller entre facelo o fin de semana
anterior ou o posterior. Para poñernos de acordo preparei unha enquisa en
«Framadate».
https://framadate.org/5SmXZVzHoEOXzXIW
Para poder asistir non é preciso que sexades socios de GALPon nin que
esteades ao tanto no pago das cotas. Abonda con que queiras acompañarnos.
Incluso, se queres vir coa parella ou con fillos (ao xantar só, obviamente)
tampouco haberá inconveniente (para iso están os comentarios ao voto, onde
podes indicalo).
Como xa é costume, o importe será ao estilo Ribadeo (onde cada quen paga o
seu). Agradézovos que respondades o antes posíbel (pensade que poderedes
editar o voso voto) para ir organizando a leria toda.
Se facemos un xantar, será cousa dun cocido, se facemos unha cea buscaremos
unha alternativa máis lixeira.
Indicar que a directiva prefire un xantar cun cocidiño para así poder ter a
tarde para parolar, e se se tercia, dar un longo paseo coma no xantar do XV
aniversario.
O vindeiro sábado celebraranse as xornadas libres de Mugardos, da man dos
nosos amigos de O Zulo.
https://www.comunidadeozulo.org/xornadas/2022
Algúns seguro que imos, uns de relatores e outros a dar a vara polo medio
:-)
En consecuencia, aprazamos a xuntanza mensual para o seguinte sábado. Así
poderedes vir ata Mugardos :-).
Agardámosvos alí.
(nota hai algunha praza de coche dispoñíbel)
Esta pasada semana lieime e non convoquei a xuntanza de fin de mes, pero
dado que este mes acaba cun venres 30 e sábado 1, pois aproveito e convoco
a xuntanza para o próximo sábado 1 de outubro partir das 18:30 ...
agardámosvos
m. Bouzada
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org