Para o esLibre necesitamos os seguintes equipamentos. Os que nos poidades
prestar agradeceranse, así non haberá que mercalos ou alugalos.
3 micrófonos tipo solapa/diadema, sen fíos (obviamente co seu receptor)
2 micrófonos de man, sen fíos (obviamente co seu receptor)
3 mesturadores con saída por USB (tipo U-Phoria UM2 de Behringer ou AIM-32
de E-lektron)
4 cámaras web,cunha resolución aceptábel (ideal 1080p), mellor que teñan
rosca para trípode na base
4 trípodes fotográficos (non é necesario que sexan pesados)
4 cables alongadores USB-A macho a USB-A femia
O próximo sábado xuntarémonos para falar disto. Os que non poidades
acercarse podedes responder por aquí.
Ola a todos.
Como o esLibre ten certa complexidade técnica, o próximo sábado 4, ás 16.00
horas, quedamos en A Industriosa para facer un simulacro de emisión por
streaming, a fin de que os voluntarios de organización coñezades a
ferramenta BBB e poder facer unha conexión de micros, interfaces USB,
teléfonos como webcam (con DroidCam), verificar o correcto funcionamento do
cliente DroidCam, etc.
En primeiro lugar, agradecer a todos os que ides vir como voluntarios de
organización a vosa asistencia.
En segundo lugar, lembrarvos que necesitaremos os trebellos que vos
solicitamos e ofrecestes, podedes achegárnolos á Industriosa o mesmo sábado
4 ou contactar comigo para que volos recolla calquera día desta semana
(antes do sábado).
Aos que tendes obrigas cos cativos e que o finde da esLibre tendes con vos
aos vosos cativos, lembrarvos que teremos dispoñíbel un servizo de coidados
de cativos ao voso dispor.
https://eslib.re/2022/coidados
Vémonos
Vou seguir coa quenda pedichona destes días, de cousas que necesitamos para
esLibre.
Necesitamos 4 teléfonos (smartphone) deses que tendes apartados por
obsoletos, queremos empregalos como cámaras de vídeo. o único que
necesitamos é que se lles poida instalar e funcionen coa apli DroidCam
(anexo o manual mellorado).
Só necesitamos que se conecten por wifi e incluso ata nin iso, sempre que
poidamos empregaremos conexión por cable.
Necesitamos, tamén, 8 computadores portátiles.
4 Deberán poder mover un navegador actualizado, recibir por USB o cable da
cámara e, tamén por USB unha interface de son.
Os outros 4 serán usados polos relatores e manexarán as presentacións
(solicitamos que as envíen en PDF), conectados aos videoproxectores. Sempre
haberá alguén que traia a presentación en formato odp ou MD e incluso
alguén pode traer algún vídeo.
Xa nos contaredes, agradecemos que sexa o antes posíbel, xa que senón
teremos que tramitar o xeito de alugalos e o tempo bótase enriba.
Ide facéndovos á idea de que o *PRÓXIMO* sábado *30* de abril, teremos a
xuntanza mensual.
Desta volta agradeceremos que vaiades todos os que poidades. Temos que
falar do *esLibre* e necesitaremos voluntarios que boten unha man na
organización (sexan ou non socios de GALPon).
Teremos que falar dos recursos técnicos que imos necesitar, portátiles,
cámaras web, trípodes para as cámaras web, micrófonos sen fíos,
mesturadores de son, etc.
Tamén, moi importante, ideas para o desenvolvemento normal de todo o
programa, pensade que imos ter 4 pistas (tracks ou slots) simultáneas e
teremos que cubrir os interseccións entre actividades na difusión a través
de BBB.
Xa vos indicarei onde nos imos xuntar.
Dado que o bar BQTO está pechado, móvese a asamblea ó bar Dvinius, na
rúa Florida 53.
Lembrete
Adrián Chaves Fernández, secretario do Grupo de Amigos de Linux de
Pontevedra, por orden do Presidente e conforme ao Artigo 25 dos
Estatutos desta Asociación, convoco a todas as persoas socias á Asemblea
Xeral Ordinaria a celebrar o venres 19 de marzo de 2022, ás 19:00 horas
en primeira convocatoria, e ás 19:30 en segunda convocatoria coa
seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2021
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2022
4.1.- Organización do Congreso «esLibre»
4.2.- Celebración do 20º aniversario da Asociación
Así mesmo, convoco na mesma data venres 19 de marzo de 2022, a Asemblea
Xeral Extraordinaria ás 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en
segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de persoas socias, a proposta da Xunta
Directiva, por falta de pagamento de cotas.
As asembleas terán lugar, se non hai noticias en contra, no bar BQTO na
rúa Zamora, nº 60, de Vigo.
Prégase a asistencia de todas as persoas socias. Lembrámosvos que para
exercer o dereito a voto debe estarse ao día no pagamento da cota.
Lembrámosvos, así mesmo, que a cota é por anos naturais. Por se alguén
desexa pagar en efectivo, o Sr. Tesoureiro estará presente e poderá
facer os cobros.
--
Nos leemos
RASTER (Linux user #228804)
rastersoft(a)gmail.com https://www.rastersoft.com
Lembrete
Adrián Chaves Fernández, secretario do Grupo de Amigos de Linux de
Pontevedra, por orden do Presidente e conforme ao Artigo 25 dos Estatutos
desta Asociación, convoco a todas as persoas socias á Asemblea Xeral
Ordinaria a celebrar o venres 19 de marzo de 2022, ás 19:00 horas en
primeira convocatoria, e ás 19:30 en segunda convocatoria coa seguinte orde
do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2021
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2022
4.1.- Organización do Congreso «esLibre»
4.2.- Celebración do 20º aniversario da Asociación
Así mesmo, convoco na mesma data venres 19 de marzo de 2022, a Asemblea
Xeral Extraordinaria ás 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en
segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de persoas socias, a proposta da Xunta Directiva,
por falta de pagamento de cotas.
As asembleas terán lugar, se non hai noticias en contra, no bar BQTO na rúa
Zamora, nº 60, de Vigo.
Prégase a asistencia de todas as persoas socias. Lembrámosvos que para
exercer o dereito a voto debe estarse ao día no pagamento da cota.
Lembrámosvos, así mesmo, que a cota é por anos naturais. Por se alguén
desexa pagar en efectivo, o Sr. Tesoureiro estará presente e poderá facer
os cobros.
---------- Forwarded message ---------
De: CIS Tecnoloxía e Deseño - Axencia Galega de Innovación
<info(a)cistecnoloxiaedeseno.gal>
Date: ven., 11 de mar. de 2022 ás 13:49
Subject: A EVOLUCIÓN NAS COMUNICACIÓNS DIXITAIS
To: <info(a)galpon.org>
[image: A EVOLUCIÓN NAS COMUNICACIÓNS DIXITAIS]
O CIS Tecnoloxía e Deseño promove ao longo do 2022 un ciclo divulgativo
composto por oito xornadas sobre tecnoloxías innovadoras.
Esta primeira xornada versará sobre a *A EVOLUCIÓN NAS COMUNICACIÓNS
DIXITAIS.*
Nela estudaranse as problemáticas actuais das comunicacións dixitais de
empresas e administracións cos seus clientes e administrados.
Revisaranse as necesidades de ambos os perfís, e as posibilidades actuais
de envíos e recepcións de comunicacións e, finalmente, presentarase unha
solución baseada en cloud que pretende salvar estas problemáticas e dar
seguridade e confianza a ambos extremos da comunicación.
Contaremos como invitado co CEO de GOHU,* Jul Díaz Otero.*
A xornada terá lugar o *martes 22 de marzo de 2022* entre as *9:30h e as
10:30h.*
MÁIS INFORMACIÓN
<https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/?post_type=tribe_events&p=7944&preview…>
CIS Tecnoloxia e Deseño
A Cabana s/n
15590 Ferrol
T. +34 981 337 133
info(a)cistecnoloxiaedeseno.gal · www.cistecnoloxiaedeseno.gal
[image: Logo CIS - Xunta]
Se desexa darse de baixa da nosa base de datos faga click aquí
<https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/intranet/contac/dardebaja/91caabd20bc9…>
Se non ve correctamente este correo faga clic aquí
<https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/intranet/campan/ver/81>
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org