O tema da arquitectura ARM case me apetecía comentalo con unha presentación en
openoffice.
Creo recordar nalgunha conversa que hai un proxector no bar, pero non estou
seguro. ¿Alguén mo pode confirmar?
Se temos proxector no bar levo o portátil pequeno, se non, levo o grande de
15.4" para que se vexa algo na mesa.
Un saúdo.
O Segunda-feira, 6 de Julho de 2009, boube escribiu:
Ola a todos,
Na última reunión acordouse mover a quedada do mes de Xullo ó día 18,
por ser o último sábado de mes festivo (día 25) e ademáis celebrarse
o Festigal[0].
Aproveitando o período estival e para fomentar un pocuco a
participación pensamos en celebrar unha BarCamp[1]. Varios socios
propuxeron temas para tratar:
* Paquetes binarios vs compilar desde fontes
* Arquitectura ARM (ungoliant)
* Creación dun proxecto sinxelo con Mono (caligari)
* Creación dun punteiro laser co mando da Wii. (bouzada)
Se alguén quere engadir (ou modificar) algo, que aproveite . . . de
todas maneiras será algo aberto, e iremos abrindo e pechando temas a
discreción.
Saúdos!
[0]
http://www.festigal.com/
[1]
http://es.wikipedia.org/wiki/BarCamp