Isaac, ten en conta o mais importante das prácticas (dígocho por
experiencia): vas aprender, non a traballar.
Ainda que moitas empresas aproveitan os rapaces de practicas para ter
traballadores de balde, tes que ser consciente que ets unha oportunidade
única de aprender cousas que nas clases nin se cheiran de lonxe, xa que
estarás rodeado de profesionais e proxectos de verdade, de maior ou
menor nivel pero que son proxectos que teñen que estar ben, cun nivel de
esixencia moi alto.
Non deixes de aprender por traballar pra quedar ben co xefe. Se é un bo
xefe el, vaiche dicir esto mesmo. (eu tiven nas miñas practicas un
encargado "de ouro" que directamente me dicia: aprende, aproveita opouco
tempo que duran as practiacs para aprender, que pra traballar tes o
resto da vida. Porque cando te pos a traballar o nivel de aprendizaxe
baixa moitisimo (algo triste, si).
É moito mais importante que aprendas 100 cousas novas e te boten ao
rematar os 3 meses que aprendas 50 e che contraten (que seguramente será
nunhas condicions moi malas) así que para que deixar de aprender por un
contrato por obra??
Sorte, amigo.
Show replies by date