Boas tardes,
Sen ánimo de crear polémica algunha e coa idea de promover o emprego de
Software/Hardware Libre, solicítannos dende a obra social de Nova Caixa
Galicia un plan de obradoiros para o ano 2013 coas persoas interesadas en
ofrecelos e a localidade onde queiran ou poidan dalos (preferiblemente A
Coruña ou Vigo, pero non estrictamente).
As condicións para dalos son:
- 10 horas por obradoiro nunha semana, dando 2 horas por día á ultima hora
(entre as 19h - 21h).
- importe de 30 euros / hora brutos
- temática de Software / Hardware Libre
- non hai que entregar materiais para o obradoiro, todo vai ser práctico
Algúns exemplos que nos enviaron:
- Moodle. Nivel avanzado
- GoogleDocs
- Programador de páginas web
- Música por ordenador
- Vídeo por ordenador
- Retoque fotográfico
- Creación y animación 3D
- Instalación de servidores de internet
- Linux
- Configuración de redes de ordenadores
- Programas de gestión y contabilidad
- Seguridad informática
- Programación de juegos
- Programar en HTML5 y JavaScript
- Social Media
Aquelas persoas interesadas en dar calquera obradoiro dos indicados ou
indiquen novos obradoiros (sempre empregando Software / Hardware Libre) deben
enviarnos un correo CANTO ANTES a info(a)galpon.org con:
- Datos persoais
- Obradoiro/s dos indicados ou novos que poidan ofrecer (temática Software /
Hardware Libre)
- Lugar preferido para dar a docencia (A Coruña, Vigo, outros). Poñede orde de
preferencia.
- Pequeno temario ou resumo do que se daría en clase
- Algunha reseña de cursos xa feitos ou referencias (axudarán na escolla da
persoa no caso de existir varios candidatos).
Tende en conta que canto antes enviedes a información mellor, preferiblemente
esta semana!!!
Por favor, dádelle publicidade a esta nova onde poidades. Graciñas.
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"