(Mensaxe de
Mancomun.org para os Grupos de Usuarios de Linux):
Boas,
Escrebo para informarvos que os promotores do Xuventude Galiza Net
tomou a decisión de incorporar de forma oficial -e por tanto, integrada
no evento coas restantes actividades- unha programación estabel sobre
software libre. Esto, que é unha boa nova, é un resultado en boa medida
do voso traballo de difusión do software libre, así que antes de nada:
parabéns a todos e todas pola laboura, especialmente aos que
participastes máis directamente en anteriores edicións.
A cuestión é que os promotores do evento contactaron coa Dirección Xeral
de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellaría de
Innovación e Industria, e a nosa Directora Xeral, Helena Veiguela, tomou
a resolución de aceitar o convite e de extendelo aos GULs a traverso de
Mancomun.org.
Cóntovos pois a situación a día de hoxe e os recursos dos que podedes
dispoñer, a verdade é que a min sorprendeume o despregue de medios,
xulgade vós:
INTRANET
--------
Chámanlle así ao espazo onde a xente se pon cos seus ordenadores e
xogan, descargan de todo e tal. Aínda que as prazas xa se esgotaron (28
segundos despois de abrir o prazo), temos 12 prazas reservadas para
Mancomún que distribuiríamos aos GULs que participen no evento. Estas
prazas ubicaríanse nun área que estaría claramente identificada e que se
anunciaría cun plotter para que o resto da xente puidera ubicalo. Por
suposto as prazas son son gratuítas para vós e disporíades de 12
identificadores que poderíades intercambiar (pedimos que non foran
nominativos). Ademais daríanvos 12 talonarios de comidas durante o evento
e igualmente dispoñedes de prazas no albergue do Monte do Gozo para pasar
a noite para os que veñades de fora.
EXTRANET
--------
Trátase do vestíbulo do evento, onde están as exposicións, xogos de sala
e servizos varios. Neste espazo imos dispoñer dun stand duns 16 metros
cadrados no que imos dispoñer dunha mesa redonda, cadeiras, un LCD de
40 pulgadas, un equipo de son con micrófono de lapa, unha impresora e
folios e unha veleda con rotuladores. Por suposto haberá electricidade e
acceso a internet a través da troncal do evento ademais dun acceso wifi
de respaldo. O stand estaría rotulado cos logos da DX, de
Mancomun.org e
tamén cos dos GULs ou o que vexades mellor.
A idea do stand é que sirva de ponto de encontro do software libre no
evento: tanto para a xente que ides estar dos GULs participando como
para quen queira vir a informarse e demais. A idea do LCD é poder facer
mini-demostracións, mini-charlas de dez minutos para a xente que pase
por alí, ou concursos (mirade máis abaixo) tendo un apoio visual.
Por suposto podedes traer o material que teñades para distribuir ou
amosar.
PERSONAL DE APOIO
-----------------
O horario do evento, no que tería que haber xente no stand, é o seguinte:
Venres: 16 a 22
Sábado: 11 a 23
Domingo: 11 a 19
Como son moitas horas para estar no stand que ademais é bastante grande,
a organización vainos poñer a dúas personas de apoio, de xeito que se vos
facilite a rotación de turnos, descansar, intercambiarse entre o stand e
a intranet e tal.
OBRADOIROS
----------
A organización está barallando varios: un de edición de vídeo con
software libre vencellado ao concurso de vídeos, e outro de instalación
de linux. Se queredes axudar nestes obradoiros ou facer algún en
particular podedes propoñelo, e dispor así das sás pequenas do edificio,
aínda que todo debe estar programado con antelación para incluilo na web,
poder imprimir a cartelería e demais e publicitalo dentro do evento igual
que as restantes actividades.
PREMIOS
-------
Posto que esto dos concursos e os premios é bastante útil para atraer a
atención da xente e para axudar a dinamizar as cousas, a organización ve
con bos ollos que organizemos concursos ou actividades que se poidan
reforzar coa entrega de premios. Estos concursos serían anunciados
oficialmente, e ademais imos dispoñer de regalos simbólicos (en torno a
15 euros cada un) e algún outro de maior contía. Hai compromiso para
facer algo relacionado co Entrans (o tema da língua é importante no
evento) e polo demais hai completa liberdade.
USB LIVE
--------
O equipo técnico do evento estivo preparando unha live baseada en Debian
que están a considerar incluila nun USB para distribuíla. Nestes
momentos está o equipo do CESGA avaliando o tema.
INTERLOCUTOR
------------
Como sodes moitos, e para facilitar a comunicación coa organización,
puxeron como condición que
Mancomun.org actúe como interlocutor único e
polo demais dannos liberdade para xestionar todos eses recursos como
mellor vexamos.
---
Pois esta é a situación a día de hoxe. Como vedes a presenza do software
libre no evento quere ser algo máis que anecdótica, e dispoñemos de
bastantes recursos á nosa disposición. Se sae ben pode significar
consolidar a presenza do software libre no evento nos próximos anos, e
dende logo imos poder aproveitar a presenza de xente e da televisión
para facer difusión do software libre.
Falta un mes e medio para o evento (e baixando). Algunhas cousas poden
improvisarse, pero outras como mesas redondas, obradoiros, concursos e
demais teríamos que ilas preparando xa, sobre todo se queremos
transmitir unha imaxe confiabel do software libre.
O seguinte paso teríades que dalo vós: en primeiro lugar confirmando qué
GULs tendes interese en participar no evento e distribuíndo esta
información nas vosas respectivas asociacións para avisar a través desta
lista de quen vai participar, e a partires dahí xuntarnos para organizalo
todo.
O evento sería o terceiro fin de semana de marzo (do 14 ao 16) e tendes
máis información na web:
http://www.xuventudegaliza.net/
Quedo pendente do que vaiades contando nesta lista.
------------
Fin da mensaxe de
Mancomun.org
Por favor enviade as vosas suxerencias :-)
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP SIP <capri99(a)ekiga.net>