---------- Mensaje reenviado ----------
Subject: [LUGS] Precísase persoa con coñecementos de Blender.
Date: Martes, 26 de Diciembre de 2006 13:16
From: Denis Fernandez Cabrera <denis(a)ceibes.org>
To: lugs(a)linux-galicia.org
Ola, xente!
Ante todo, bo natal.
Agardo perdoedes abuse un chisco desta rolda de correo pra tentar atopar
a alguén que poida dar comigo un curso de "creazón de contidos
multimedia con software libre" para o Centro Multimedia da Galiza (ou
sexa, para a Xunta, indirectamente).
O curso en cuestión cubriría Inkscape, GIMP e Blender. Eu vou da-los
dous primeiros módulos, pero faime falla alguén que se poida encarregar
do terceiro: modelado en 3D co Blender.
O curso sería no mes de Maio, e daríase no CMG, en compostela, para os
telecentros de formación que hai por Galiza adiante. E, por suposto, o
curso tería que se impartir en galego, anque non é preciso que sexa
normativo.
Non fai falla ser un experto -- sinxelamente ter coñecementos dabondo do
programa pra poder facer unha introducción a él.
Os interesados, case me contactades a min directamente... Tamén vos
agradecería que pasarades esta nota a quen pensedes que pode estar
interesado, ou que me puxerades en contacto con él -- sei que nalgún dos
GUGLs hai xente que controla algo de Blender.
Denís.
--
###########################
# Denís Fernández Cabrera #
# denis(a)ceibes.org #
#
gatonegro.ceibes.org #
###########################
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>