El Jueves, 5 de abril de 2012, isaac1024 escribió:
Isaac Abreu Rodríguez, Secretario do Grupo de Amigos
de Linux de
Pontevedra, a indicación do Sr. Presidente, convoca a todos os socios a
Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o SÁBADO, 28 DE ABRIL, as 19:00
horas en primeira convocatoria, e as 19:30 en segunda convocatoria co
seguinte orden do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio
2011
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2012 - 2013
Aproveitase, para convocar na mesma data SÁBADO, 28 DE ABRIL, a Asemblea
Xeral Extraordinaria as 20:30 en primeira convocatoria e as 21:00 en
segunda convocatoria, co seguinte orde do día:
1.- Elección dos integrantes da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta
Directiva por débedas de cotas.
Engado un punto máis nesta Asamblea Extraordinaria que vai ser:
3.- Ratificación de todos os anteriores cambios estatutarios efectuados e
aprobados na asamblea de 26 de marzo de 2.011. Modificación, en resposta ao
escrito do Rexistro de Asociacións de 18/04/2012 dos artígos 3º, 4º, 10º e
13º.
Xúntanse os estatutos DEFINITIVOS a aprobar mañá (espero que por unanimidade)
xa que levamos 2 anos con estas modificacións e xa foron revisados pola
Asesoría e polo Rexistro de Asociacións.
Un cordial saludo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"