Como xa saberedes o derradeiro fin de semana deste mes vai ser a XGN deste
ano. Enviannos o seguinte, por se alguén quere/pode ir botar unha man, eu
irei seguro para falar nunha charla e nun obradoiro de "GALPon-GRUVI2 e de
"Procesos de i18n en «C» «Phython/Python-Glade» e «Bas scripting»"
Avisade por aquí e a ver se podemos ir tres ou catro.
---------- Forwarded message ----------
From: Denís Fernández Cabrera <denis(a)ceibes.org>
Date: 2010/3/16
Subject: [Guls] Participación na XNG
To: Grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia <guls(a)mancomun.org>rg>, Adrián
Novegil Toledo <adrian.novegil(a)gmail.com>
Ola a todos,
A ver -- veñen de me propoñer a posibilidade de dispor, na XGN, dun
espazo para os GUGLs/Software Ceibe. Básicamente, dende a organización
porían o sitio e mesmo talvez se lles puidesen sacar uns cartos para
papelaría, algunha lona ou algo para o stand -- o que se nos ocorrese
-- pero precisan dunha resposta canto antes porque como talvez
saibades, a XGN é a fin de semana do 27.
No GLUG falamos o tema, e o consenso foi que estaría moi ben que
houbese presenza alí pero que estamos baixo mínimos. Eu podería facer
algo de traballo de grafismo e preparar un tríptico e outro material
na liña que me dixesedes, pero non podo estar ao pé do posto durante a
duración da Party (entre outras cousas porque desenvolvo actividades
con algunhas asociacións nela).
As preguntas, entón, son:
1. Quérese facer?
2. Quen se ofrece voluntario para coordenar isto? Ten que haber un
responsable.
3. Quen vai estar ao pé do canón os 3 días da Party? Ou, se non se poden
estar
os tres días, alomenos o sábado (é o día de mais visibilidade para o
público). O
domingo é o día dos políticos, así que se se quere darlles coba ou
darlles patadas,
vos veredes.
A partir desas preguntas xa poderíamos ir pensando en material, etc.
Denís.
--
Denís Fernández Cabrera
Gatonegro deseño
http://gatonegro.me
_______________________________________________
Guls mailing list
Guls(a)mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls