Con motivo da celebración do III Encontro Nacional
BrOffice.org que se
celebrará o próximo venres día 3 de Outubro en Brasil e con retransmisión en
varias cidades europeas entre as que se atopa Santiago de Compostela, GALPon
quere invitar a todos os seus socios a participar neste evento ofrecendo o
pago do desprazamento de ida e volta a Santiago.
Por favor, confirmade a vosa asitencia a través desta lista para ir preparando
o medio de transporte :-)
Para a inscrición (gratuita) podedes enviar un correo a eventos(a)mancomun.org e
indicade que ides de parte de GALPon.
Tamén podedesvos inscribir na web de Br-Office:
http://encontro.broffice.org/2008/gl/inscricao
escollendo como Pais: Galicia
NOTA: da igual o Estado que escollades, porque son para a xente de Brasil.
P.D. Aquelas persoas que non sexan socios/as de GALPon tamén poden participar
pero para elo deberán enviar un correo a info(a)galpon.org informando do seu
interese.
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP SIP <capri99(a)ekiga.net>