Como ben sabedes, o derradeiro fin de semana deste mes (28, 29 e 30)
celebrase en Vigo, contando coa nosa colaboración, o encontro dos
desenvolvedores e usuarios de KDE España.
Eses días precisaremos xente que nos bote unha man en cousas sinxelas e
tamén nalgunha un chisco máis delicada, estás últimas non van máis aló de
entenderse ben, a nivel de usuario algo avanzado, cun equipo con Arch ou
con Debian.
Unha das misións que necesitamos cubrir e atender os equipos durante a
gravación de vídeo e de son.
Outras son máis sinxelas, como atender o servizo de recepción e de
información do evento.
(Nota: Se alguén ten problemas económicos para xantar ou pillar o bus, que
o comente co presi ou co tesoureiro e solucionarémolo)
Os que poidades, respondede neste fío ou, se o preferides, en
info(a)galpon.org
Show replies by date