Vos transmito esta solicitude de ponente para a Universidade de Santiago de
Compostela por se alguén quere participar.
Dende
GALPon.org correremos cos gastos e dietas que empregue o ponente no seu
desprazamento de seren escollido.
Un cordial saúdo,
---------- Mensaje reenviado ----------
Subject: [LUGS] Charla sobre LAMP na USC
Date: Miércoles, 12 de Octubre de 2005 00:52
From: Miguel <miguel(a)glug.es>
To: lugs(a)linux-galicia.org
Boas de novo,
Comentoume un profesor da USC que posiblemente a finais de outubro
principios de novembro na USC se celebren unhas charlas e talleres sobre
plataformas para servir información na rede, ou algo parecido. Nestas
charlas irá posiblemente alguén de Microsoft para falar de .Net, alguén de
Sun ou outra compañía que venda solucións J2EE. E como xa imaxinaredes falta
a pata do Software Libre, que neste caso podería ser LAMP.
A proposta e dar unha charla/taller non moi longa e participar nunha mesa
redonda comentando as bondades e inconvintes de cada plataforma. Esa persoa
pode ir en calidade de representante dalgunha empresa, comentando o que vexa
necesario sobre a mesma, socio dun GUL, ou como persoa individual
independente de organización algunha.
Creo que é unha boa oportunidade para dar a coñecer as bondades do Software
Libre a unha audiencia valiosa como son os alumnos e profesores de
universidade que lles interesan estos temas. E por outra parte dar a coñecer
a túa empresa ou Gul a un público interesado nas TICs.
Eu quedei en dar a coñecer esta proposta a toda a xente que poida estar
interesada, e axudar un pouco na selección. Así que se queredes participar
podedesme mandar un correo cos vosos datos, e en caso de representar algunha
organización (GUL, empresa) contar de cal se trata.
Saúde,
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Miguel Ángel Fernández Morales
miguel@glug.es,miguelfm@usc.es
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>