Ola a todos, vai unha serie de cousas importantes para mañá.
Confirmado, teremos a xuntanza no bar BQTO na rúa Zamora, nº 60 (xusto
detrás do Edif. El Castañal)
Con relación ao «esLibre» teremos que falar de:
Voluntarios
• Administradores de sala
◦ (Misión: Preparar a sala, asistir ao relator, ter un posto no BBB
e outro no Rocketchat para facer de intermediario...)
• En xeral
Necesitaremos, cousas que podemos aportar das nosas casas:
• Telefonos móbiles (dos que temos abandonados e nos que se poida
instalar «DroidCam») - nos PC haberá que instalar
https://www.dev47apps.com/droidcam/linux/
• Tripodes
• Aro de luz
• mini amplificadores (todo nun) portátiles
• auriculares + micro
• xogos de cables adaptadores
• micrófonos + soportes
Tamén necesitamos ideas para:
Streaming:
Descanso entre ponencias
Ver como encher eses ocos a fin de que os usuarios conectados non se
desconectes e abandonen o Congreso
Sala principal (especialmente)
Buscar solucións tecnolóxicas para que o/a relator/a poidan moverse.
Webcam / micro inalámbrico
Vai anexo un ficheiro sobre o uso de DroidCam
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno»
http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo»
http://minino.galpon.org