Bueno, como xa sabedes estamos a levar adiante o proxecto de traer a Richard
Mathew Stallman (RMS) a Galicia. E así volo indico nesta mensaxe:
Roberto Brenlla (pola parte da Coruña - Santiago), Juan Angel Ferreiro Lage
(pola parte de Ourense) e máis eu (pola parte de Vigo - Pontevedra) estamos
organizando a estadía.
Fará a primeira visita a Ourense onde a xente da facultade de Ciencias
invitouno para promover a súa facultade. Non teño moi claro as datas nas que
estará por alí.
O que sí teño claro é que o día 29 de Abril teño que recollerlo a él e a súa
parella en Ourense. Ese mismo día pola tarde dará unha charla nun auditorio
da cidade de Vigo. O sábado 30 estará de turismo tamén por Vigo e o día 1 de
Maio marchará a Coruña con Roberto Brenlla.
Pola nosa banda de
GALPon.org colabora con nós a xente de "Cova dos Ratos" que
axudaránnos a colocar os cartéis.
Como desexo de RMS propúsonos facer a maior publicidade posible para que teña
o maior éxito a conferencia que dará polo que tentaremos contactar cos medios
de comunicación para que así sexa.
Necesitamos patrocinio de empresas privadas ou entidades públicas queiran
apoiar a distribución de exemplares da obra de RMS e cubrir os gastos da
estadía en Vigo. Aquí é onde os animo a que o consultedes coas empresas que
saibades xa que será un dos eventos máis importantes en toda España.
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>