Dende Ousli queremos anunciar as nosas primeiras Xornadas sobre
"Programación Web en Software Libre". Cremos que a importancia que segue a
gañar a Web é un punto moi importante a ter en conta.
As I Xornadas de Programación Web están orientadas a programadores que se
están iniciando ou que teñen coñecementos e que queren asentalos vendo
novas tecnoloxías empregadas polas grandes empresas do sector por exemplo
google, yahoo ou microsoft.
Estas xornadas vanse impartir na aula 3.2 do edificio politécnico da
Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense. Os días elixidos son
os venres (27 de abril, 4 de maio e 11 de maio) para que a xente que estea
interesada poda vir e que as empresas galegas non teñan problemas de
asistencia por motivos laborais.
O programa das Xornadas é o seguinte:
» Venres 27 de Abril
16:00-18:00 CakePHP
18:00-19:30 AJAX e PHP
» Venres 4 de Maio
16:00-18:00 JSP
18:00-19:30 STRUTS
» Venres 11 de Maio
16:00-18:00 RUBY ON RAILS
18:00-19:30 MONO .NET
As xornadas están abertas para calquera que queira asistir.
Para todo aquel que teña interese no material será preciso inscribirse na
web das Xornadas. Nela poderá atopar toda a información que precise:
http://encontros.ousli.org
Non dubides en contactar con nós se precisas máis información:
mail: xornadas(a)ousli.org
http://encontros.ousli.org/
_____________________________________________
Toni Martínez Carballo
Ousli . "Ourense software libre"
http://www.ousli.org
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>