Ola.
Recibos xa algunha actualización e nalgún caso esqueceron poñer o correo-e
de contacto. Este é un dato moi importante, xa que é o que nos permite
poñernos en contacto con vós e facervos chegar documentación de xeito menos
invasor posíbel.
Grazas.
O 12:15 do 11 de maio de 2018, Miguel Bouzada <presidente(a)galpon.org>
escribiu:
Ola de novo.
Fago unha pequena corrección xa que non entendera ben a encomenda que me
fixera o Asesor de GALPon ao respecto.
Necesitamos, por causas legais, que actualicedes os datos e,
importantísimo, que asinedes dixitalmente ou manualmente o formulario,
concedendo autorización para o uso dos datos.
Como veredes no propio formulario, esta autorización é só para a
conservación dos datos a efectos de control e de notificación e información
da propia asociación, como ven sendo ata o de agora.
NOTA: Esquecede os formularios do fío anterior sobre este mesmo tema.
Grazas e desculpas.
Miguel A. Bouzada
Presidente de GALPon