O Venres, 6 de Decembro de 2013 20:39:53 Jason P. escribiu:
¿Nunca sufriches un apagón que che obligase a
reinstalar?
Nunca.
Aínda que si que sufrín un Kernel Panic por mor dunha tarxeta de rede XD
Sobre Manjaro lin de todo, cosas boas e tamén malas,
sobre todo
relacionadas con seguridade. Para os máis paranoicos e unha distro
potencialmente máis insegura porque ao seren pouca xente no equipo non
dan abasto para testear todo o que sube de Arch, e podería ser que
parches para vulnerabilidades serias non se distribúan tan rápidamente.
A verdade é que de Manjaro só sei de oídas, nunca a probei e non sigo o seu
desenvolvemento.
Sinceramente prefiro sacrificar un pouco de seguridade
se a cambio teño
paquetes máis testeados.
En realidade paquetes mellor revisados que os de Arch Linux non vas atopar nas
distribucións derivadas, nin en moitas outras distribucións independentes. Se algo saben
facer ben os de Arch Linux é empaquetar.
¿Aparte da wiki de Arch, recomendas algún outro
recurso para principiantes?
A wiki de Arch Linux é unha das mellores que existen en distribucións, e está pensada
tanto para principiantes como para expertos. De feito, as instrucións de instalación veñen
tanto en versión acurtada como en versión detallada en extenso para os que o fan por
primeira vez (ou hai moito que non o fan, como me pasou a min a última vez que axudei a
alguén a instalalo, que non lembraba xa nada :). Non creo que vaias necesitar nada máis
que o wiki, pero sempre te quedan os foros de Arch, por suposto, e podes contactar coa
lista de GALPon ou comigo persoalmente para se te ves atascado.