---------- Mensaje reenviado ----------
Asunto: [Guls] BarCamp 2009: as desconferencias chegan a Galiza
Fecha: Miércoles, 18 de Marzo de 2009
De: Francisco Dieguez <listas(a)mabishu.com>
Para: "Grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia" <guls(a)mancomun.org>rg>,
Rolda
Trasno <proxecto(a)trasno.net>
Ola a todos,
acabo de subir a web para o evento Barcamp 2009
http://www.glug.es/barcamp-2009/ que o GLUG organiza durante a Xuventude
Galiza Net 2009 os días 3, 4 e 5 de abril, de feito estará no mesmo
recinto e contamos coa axuda da organización e de Mancomún.
A idea é unhas reunións creadas do desexo da xente de compartir e
aprender nun ambiente aberto. Estas non-conferencias/desconferencias
informais reúnen á xente con diversos backgrounds, dende o tecnolóxico,
usabilidade, deseño e negocios, onde a información e experiencia é
compartida. A participación é altamente alentada, por parte dos que asisten!
Barcamp Galiza 2009 xirará en torno a software ceibe, xogos e
programación ademáis de web 2.0 e todo o que o público queira contar.
Algúns dos tantos temas que se van ver son desenrrolo (técnicas
novas/optimización), deseño e software ceibe (aplicación práctica), e
demostracións de programas entre un monton de temas máis! O espírito do
BarCamp, tódolos participantes teñen unha posibilidade de dar un
relatorio e de feito tódolos GUL's que queiran participar coa sua demo
(aínda que sexa improvisada) pode facelo. Por iso pedimos colaboración
para que todo sexa un éxito.
O importante é que sexa un ambiente informal onde tódos poidamos
aprender algo e charlar entre tódos nun ambiente distendido sobre o
asunto da charla.
A axenda vai consistir nunha serie de charlas de 30 minutos de duración
cada unha, onde tódolos participantes poden improvisar a súa. Desta
forma son conferencias xeradas polos propios asistentes onde eles
deciden que van escoitar e onde o relator perde protagonismo para
outorgarllo ao público, xa que en definitiva o público é o que da a
"conferencia".
O barcamp ademais é identico ao software libre, isto é basease en
compartir, non só código senón ideas, conceptos e soluciós. Ademáis
estes eventos serven para unir aos numerosísimos Grupos de Usuarios de
GNU/Linux na Galiza e poder poñerlle cara a eses mails que lemos no dia
a día.
Agardo colaboración e vos goste a idea.
_______________________________________________
Guls mailing list
Guls(a)mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP SIP <capri99(a)ekiga.net>