Estamos pechando xa as actividades deste ano 2014 e preparando as do
vindeiro ano, polo que queríamos pedir a vosa colaboración en 2 planos.
1.- Que, como asistentes (ou receptores), nos indicarades que outras
actividades vos interesaría que acometeramos.
2.- Que materiais/cursos/obradoiros vos interesaría (e vos comprometedes a
elaborar e impartir) que se realizaran, ben dentro dos SLAltamar ou noutra
actividade diferente.
Podedes ver o informe do feito este ano en:
http://wiki.galpon.org/2014
Temos tamén un bocexo para o ano 2015 en:
http://wiki.galpon.org/Actividades#Bocexo_de_actividades_para_2015
Xunta de Goberno de GALPon