José Troncoso escribió:
O pasado luns ao conectarme a Openbank, Firefox
advertiume de que o
certificado de seguridade do sitio estaba caducado. Mirei os detalles e
vin que se trataba dun certificado emitido por Verisign o 17/10/08 e
válido ata 18/10/09.
Como onte seguía caducado, chamei ao banco para queixarme e *me dixeron que
era problema do meu sistema operativo* e que non era a primeira chamada que
recibían sobre o asunto.
Picoume a curiosidade, así que abrín Windows XP con VrtualBox e comprobei
que efectivamente tanto MSIE como Firefox abrían sen problemas a páxina de
Openbank. Asombrado vin que a páxina estaba a empregar un certificado
diferente, emitido por Akamai Subordinate CA 3 o 23/01/2009 e válido ata o
21/01/2009.
Sei que Openbank é totalmente hostil ao software libre. Comprobeino hai un
par de anos cando renovaron a interface web á medida do MSIE. Con todo,
como é posible que conectándome con Linux a conexión empregue un
certificado de seguridade diferente que nunha conexión desde Windows?
Parece tratarse dun problema de Firefox que dalgún xeito mantén unha
referencia na configuración do usuario a un certificado anterior desa páxina,
pois o problema desaparece usando un perfil novo.
En fin, debo presentar mis disculpas a Openbank e a esta lista.
Un saúdo,
--
José A. Fernández Troncoso
http://www.troncoso.info
Linux User #454805