---------- Mensaje reenviado ----------
Asunto: [Guls] Colaboración coa Asociación das Internautas das Rías Baixas
Galegas para xornada coa PEME
Fecha: Lunes, 12 de Marzo de 2007
De: mancomun <mancomun(a)www.mancomun.org>
Para: guls(a)mancomun.org
A Asociación de Internautas das Rías Baixas Galegas está a organizar
unhas xornadas dirixidas ás empresas e ao comercio electrónico. En total
queren ofrecer ao redor dunhas 30 horas divididas en 5 días de
formación á PEME sobre ferramentas de xestión electrónica, comercio
electrónico e aplicacións e tecnoloxías de utilidade para a empresa.
Desde
Mancomun.org cremos que sería unha gran oportunidade para os LUG
galegos encher este espazo. As xornadas terían lugar en Vilagarcía de
Arousa entre o 30 de abril e o 4 de maio e irían dirixidas a PEME. Todos
aqueles grupos de usuarios que esteades interesados en participar nestas
xornadas poñédevos en contacto o ANTES POSIBLE con Xoán Fernández de
Mancomun.org ( xoanf(a)cesga.es ) indicando, se é posible e de xeito
aproximativo, de que estaríades dispostos a falar e que cursos vos
gustaríades dar, se poderíades ir un ou varios días, cal sería o custe
aproximado...
Esperamos a vosa contestación o antes posible.
Unha aperta.
--
Mancomun.org Iniciativa Galega polo Software Libre
www.mancomun.org
mancomun(a)mancomun.org
Telf: 981 56 98 10 Ext:247
Fax: 981 59 46 16
Centro de Supercomputación de Galicia
Avda. de Vigo s/n (Campus Sur)
15705 Santiago de Compostela
_______________________________________________
Guls mailing list
Guls(a)mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>