Porriño acollerá o maior evento de software libre de Galicia
O Pavillón de Porriño acollerá do 12 ao 15 de outubro a Linux Party 2006.
Neste evento participarán preto de 500 persoas. A organización da mesma
corre a cargo de GALPon, Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra, en
colaboración co Concello de Porriño e AGNIX. O prazo de inscricións está
aberto e os interesados poden inscribirse a través da páxina
www.galpon.org, onde tamén se pode obter ampla información das
actividades que se van a
realizar.
[Gabinete de prensa Galpon <prensa(a)galpon.org>rg>, 2 de outubro de 2006]
Os asistentes poderán gozar dun horario ininterrumpido que comenzará ás
17:00h do día 12 e rematará ás 14:00h do día 15 de outubro. Durante este
tempo desenvolveranse nove conferencias-taller, seis mesas coloquio e varios
concursos. Ademais, o persoal organizador proporcionará asesoramento a
aqueles usuarios que desexen instalar unha distribución de Software Libre
nos seus ordenadores. Para elo disporase dun espazo para que os usuarios
poidan colocar os seus equipos, con conexión de tensión e de rede de datos
con Internet de banda ancha. Os participantes tamén disporán de aloxamento
no mesmo espazo no que se desenvolverá a Linux Party.
A Linux Party está dirixida a calquera persoa interesada en coñecer o
Software Libre [2], aos usuarios de software privativo que descoñecen por
completo as diferencias deste co Software Libre e as alternativas que poden
empregar, e tamén aos que traballan con certa asiduidade con este sistema
operativo pero descoñecen os trucos ou queren mellorar o seu coñecemento
dalgunha ferramenta concreta. Buscarase impulsar o coñecemento das
ferramentas e posibilidades do Software Libre nos usuarios de software
privativo mediante conferencias taller amosando as ferramentas alternativas
ao software privativo. Ademais de intercambiar as experiencias e
coñecementos relativos ao Software Libre, o que se chama o Know-How, entre
usuarios de diferente nivel con mesas redondas, coloquios e habilitando un
espazo para a instalación dos ordenadores con acceso a Internet.
Esta party ou reunión de usuarios das TIC fixo a súa primeira edición no
2004 [3] con notable éxito mediático e proporcionando unha visión diferente
ao que está acostumada a persoa que asiste a outros eventos onde se
promocionaban a descarga ilegal de contidos ou xogos en rede con premios de
miles de euros.
- [1] LinuxParty en
GALPon.org <http://tinyurl.com/q59of>
- [2] Software libre na Wikipedia <http://tinyurl.com/q3495>
- [3] Edición 2004 da LinuxParty <http://tinyurl.com/rmemq>
Etiquetas: linuxparty, gnu, linux, party, software libre
Noticia publicada en GALPon <http://tinyurl.com/jltrf>.
--
Rafa Couto (caligari)
mailto:rafacouto @gmail.com
Linux user #99126 (
http://counter.li.org)