Recordatorio para tódolos socios:
O SÁBADO 29 de MARZO, está convocada a Asemblea Xeral Ordinaria de GALPon,
ás 18:30 en primeira convocatoria e ás 19:00 en segunda convocatoria coa
seguinte orde do día:
1.
Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.
Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.
Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2013
4.
Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2014
Na mesma data (SÁBADO 29 de MARZO) tamén está convocada a Asemblea Xeral
Extraordinaria de GALPon, ás 19:30 en primeira convocatoria e ás 20:00 en
segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
1.
Elección dos membros da Xunta Directiva
2.
Ratificación de altas e baixas.
As Asembleas terán lugar na «Residencia Altamar», Rúa Cesáreo Gonzalez, 4
en Vigo.
Prégase a asistencia de todos os socios (lembrar que para exercer o dereito
a voto, debe estarse ao día no pago da cota, lembrámosvos así mesmo que a
cota é por anos naturais).
Para os que estades fora, manteremos aberta unha sesión en
https://appear.in/. Os interesados mandarlle un correo ao Sr. Secretario
(secretario en galpon org) para que vos poidamos dicir o nome de «sala».
Nota: Podedes descargar de
aquí<http://gruvi.galpon.org/arquivos/miscelanea/GALPon/delegacion-voto-…
impreso de delegación de voto, esta delegación de voto, unha vez
asinado
deberedes enviarllela ao Sr. Secretario, ou se é por correo postal á nosa
sé na Rúa Uruguai, 8, 5º, of. 8 en Vigo CP 36201.
Toda a información a tendes no seguinte enlace:
https://www.galpon.org/content/asemblea-anual-galpon
2014-02-22 16:52 GMT+01:00 Isaac Abreu Rodríguez <caasi1024(a)gmail.com>om>:
Isaac Abreu Rodríguez Secretario do Grupo de Amigos
de Linux de
Pontevedra, a indicación do Sr. Presidente, convoca a todos os socios a
Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o SÁBADO, 29 DE MARZO, as 18:30 horas
en primeira convocatoria, e as 19:00 en segunda convocatoria coa seguinte
orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2013
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2014
Así mesmo, convócase na mesma data SÁBADO, 29 DE MARZO, a Asemblea Xeral
Extraordinaria as 20:30 en primeira convocatoria e as 21:00 en segunda
convocatoria, co seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta
Directiva por impago de cotas.
As Asembleas terán lugar na «Residencia Altamar».
Prégase a asistencia de todos os socios (lembrar que para exercer o
dereito a voto, debe estarse ao día no pago da cota, lembrámosvos así mesmo
que a cota é por anos naturais).