---------- Forwarded message ----------
From: Administración Día Galego do Emprendedor <diaemprendedor(a)igape.es>
Date: 2008/5/7
To: "info(a)galpon.org" <info(a)galpon.org>
Estamos organizando unha xornada en Santiago totalmente gratuita chamada
"Dia do emprendedor", cun itinerario especifico de software libre
Os envio esta nova por si os interesa para a web
O III Día Galego do Emprendedor celébrase o vindeiro 15 de maio no Palacio
de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Nesta edición
afóndase nun novo e paradigmático modelo de negocio, o software libre, cun
amplo itinerario no que distintas empresas explicarán como basean os seus
negocios nesta tecnoloxía.
O software libre presenta importantes vantaxes para as pequenas e
medianas empresas: a independencia tecnolóxica, o acceso ao código fonte,
ilimitada capacidade de adaptación, comunidades de soporte, repositorios de
programas, transferencia de coñecemento… Os sistemas GNU/Linux ofrecen
dende distribucións amigables para o usuario (Ubuntu) ata as máis avanzadas
prestacións para servidores (Debian). Ademais, cómpre destacar a
posibilidade de dispoñer do código fonte, xunto cun sistema de licencias que
promove a liberdade fronte á restrición.
Se xa non é posible falar de negocios sen falar de tecnoloxía e de
proxectos colectivos en rede, deberíamos preguntarnos se estamos ante
a *máquina
que cambiará o mundo*.
Contamos coa túa aportación. Asiste ao Día Galego do Emprendedor. Só
precisas facer a túa preinscrición.
web do evento:
http://www.diaemprendedor.com
link ó itinerario de software libre:
http://www.diaemprendedor.com/software-libre.html
un saludo
<info(a)galpon.org>
--
Rafa Couto -
http://caligari.treboada.net
GNU/Linux user #99126 -
http://counter.li.org