Parece que me leron o pensamento :D eu estou completamente de acordo en facer
proxectos para os nenos pequenos (xa o dixen na lista dos GULs), o antídoto
hai que dalo cando recibes o veleno, non anos despois :D
Unha posibilidade é demostrarlles aos cativos que podes facer o que queiras
dende GNU/linux. temos aplicacións para case todo, e moitas veces a súa
instalación é moito mais doada que en wintendo (tes todo nos repositorios, non
precisas estar semanas buscando por internet a aplicación, serial e crack).
Por se alguén enténdeme mal, non me refiro a un curso de iniciación ao software
libre, senón centrarnos nas aplicación (dar a coñecer a gran cantidade de
software que temos), logo que os rapaces decidan que escritorio usar, e que
aplicacións lles gusta mais (e se teñen dubidas sempre poderán preguntar en
GALPon). Por exemplo levar 3 computadoras: ubuntu con unity, mandriva con kde
e fedora con gnome (ou lxde ou o que sexa), cada computadora con distintas
aplicacións, distintas configuracións...
O Sábado 02 Abril 2011 12:07:44 PVG escribiu:
Eu proporía unha serie de conferencias-obradoiros
sobre software libre
nas escolas de Vigo e provincia (o ambito xa pode ser calqueira,
vamos).
Penso que coincidiría perfectamente cos requisitos da subvención e sería
de gran axuda para todos os nenos, mestres e pais, xa que no tema de TI
e software libre está moi pero que moi mal a cousa nese sector.
E non hai que dicir a extrema importancia que ten que se empregue
software libre na educacion.
Mais info, directa do Doutor Stallman
http://www.educadoresdigitales.org/2011/03/porque-software-libre-en-educaci
on.html
Saudos.
PD: Eu estaría ao dispor da asociación para axudar nisto.
_______________________________________________
GALPon mailing list
GALPon(a)listas.galpon.org
https://listas.galpon.org/cgi-bin/mailman/listinfo/galpon
--
Usuario de aptosid e debian
Membro de GALPon
Consumidor de música libre