Ola xente,
Como saberedes, vaise celebrar a Libre Software World Conference 2012 en
Santiago de Compostela os próximos 18 e 19 de Outubro organizada por AGASOL.
Nova Xestión Cultural, a empresa que nos está axudando na organización
do evento dinos que necesitamos 10 persoas que realicen labores varias
de apoio in-situ na propia conferencia eses dous días.
Xúntovos a lista de necesidades que temos que cubrir por se poderiades
botarnos unha man no desenvolvemento do evento.
Lista de necesidades:
---------------------
Para sala "A" (andar inferior).
-Un responsable de sala: encargado de cargar as presentacións nun
ordenador, verificar que funcionan, que se ven correctamente, pasar
diapos se é necesario. Acendido e apagado de luces.
-Un azafata/o: apertura/peche de portas, pasar micros, colocar augas
en mesa presidencial, etc.
Para sala "B" (andar inferior).
-Un responsable de sala: encargado de cargar as presentacións nun
ordenador, verificar que funcionan, que se ven correctamente, pasar
diapos se é necesario. Acendido e apagado de luces.
-Un azafata/o: apertura/peche de portas, pasar micros, colocar augas
en mesa presidencial, etc.
Zona acreditación e entrega de material: tres persoas, para entrega de
acreditacións, sistema de tradución e recollida/entrega de abrigos en
roupeiro.
O ideal é que algún controle inglés, polo menos os responsables de
sala e algún da zona de acreditacións...
Total: 8 persoas, se é a tempo completo. Isto pódese plantexar por
quendas, así que se conseguimos a máis xente, mellor.
Por favor, facede extensiva esta petición onde poidades.
Podedes contactar coa organización en eventos(a)agasol.org
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"