Hola xente:
A Xunta Directiva de GALPon decidiu levar adiante unha serie de cursos
baseados en Software Libre dunhas 50 horas cada un e desenvolvidos á volta de
verán (Outubro - Novembro) na provincia de Pontevedra, principalmente en
Vigo.
Necesitamos profesores/as que desexen dar estas 50h (aprox.) coa temática máis
axeitada aos seus intereses ou coñecementos e que tamén GALPon considere
oportuna. Para darvos unha idea do que andamos buscando a temática podería
ser de dous tipos, xeralizada ou especializada:
Xeralizada:
Curso de iniciación a GNU/Linux (50h)
Curso para migración de Software Privativo a Software Libre (50h)
...
Especializada:
Curso de LAMP (Linux Apache MySQL PHP) (50h)
Curso de OpenOffice (40h)
Curso de Administración de Sistemas (GNU/Linux) (50h)
Curso de Seguridade (GNU/Linux) (45h)
Curso de GIMP (35h)
Curso de Openbravo ERP (65h)
...
Estes cursos son EXEMPLOS. Por favor, presentade os vosos requerimentos de
horas, coñecementos previos do alumnado, dispoñibilidade de horarios e un
temario (básico) para poder ir facendo o calendario. Ademáis precisaremos do
voso CV.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de Maio de 2007 (dentro
dunha semana).
A parte económica é excelente (como case sempre nos cursos que damos). Se
queredes máis información poñédevos en contacto conmigo ou enviade un correo
a info(a)galpon.org
Toda esta información deberedes enviala a info(a)galpon.org CANTO ANTES.
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>