Mañá vémonos, ás 18.30 en Avda Florida 53
Na terraza que hai ao fondo
D' Vinius
https://www.openstreetmap.org/?mlat=42.21788&mlon=-8.73682#map=19/42.21…
O sáb., 23 de abr. de 2022 ás 08:56, Miguel Bouzada (<presidente(a)galpon.org>)
escribiu:
Ide facéndovos á idea de que o *PRÓXIMO* sábado *30*
de abril, teremos a
xuntanza mensual.
Desta volta agradeceremos que vaiades todos os que poidades. Temos que
falar do *esLibre* e necesitaremos voluntarios que boten unha man na
organización (sexan ou non socios de GALPon).
Teremos que falar dos recursos técnicos que imos necesitar, portátiles,
cámaras web, trípodes para as cámaras web, micrófonos sen fíos,
mesturadores de son, etc.
Tamén, moi importante, ideas para o desenvolvemento normal de todo o
programa, pensade que imos ter 4 pistas (tracks ou slots) simultáneas e
teremos que cubrir os interseccións entre actividades na difusión a través
de BBB.
Xa vos indicarei onde nos imos xuntar.