Boas.
Escribo na lista para mencionar que estou a traballar neste bonito proxecto
chamado Cinnarch.
É unha distro basada na popular Arch Linux con lightDM como xestor de login
e Cinnamon como escritorio por defecto.
Inda ten moito traballo por diante, pero xa leva uns dias unha version
pre-alpha (o instalador so é mediante http por o de agora) subida. Mentres
fago todo isto vou aprendendo xa que é a primeira vez que me meto nisto.
Hoxe mesmo subirei unha nova actualizacion que espero que estea dispoñible
pola tarde, na que mellorei un pouco o instalador.
Se alguen ten tempo e se aburre podería probala e comentar que lle parece.
Aquí os deixo a web do proxecto:
http://www.cinnarch.com
Calquera pregunta aquí me tedes. Estou deseoso de ver o que opiñades
Un saúdo
--
Alexandre Filgueira
GPG:
http://goo.gl/4QOAC