2009/3/16 Denís Fernández Cabrera <denis(a)ceibes.org>
Penso que é moi importante distinguir o detalle nesta
proposta de
Miguel -- temos que ter, evidentemente, un funcionamento interno o
mais plural e democrático posible dentro do grupo de traballo e entre
nos, pero é *absolutamente vital* que presentemos unha postura
conxunta e coordinada de cara ao exterior.
Ten boa razón Francisco en que o 2M non é o apocalipse nen moito menos
-- o Software Ceibe existiu antes, e existirá despois. Ten
necesariamente que trascender esta situación. Pero é que a necesidade
dun grupo que nos coordine un pouco e que presente un interlocutor
claro de cara á sociedade xa viña de antes do goberno do bipartito:
sempre estivo aí, precisamente porque hai demasiadas "sensibilidades"
que en realidade se diferencian por cuestións que para a maioría da
poboación -- esa á que temos que convencer -- lle parecen bizantinos.
(Aproveito tamén este correo para comentarvos a todos que non me
esquenzo de que temos asuntos pendentes ca Xunta e co tema das
licenzas, Galinux e demais -- asuntos que quedaron truncados polas
eleccións e que hai que retomar en canto as augas se calmen. Acho, por
certo, que este "grupo de representantes" podería ser unha boa canle
para xestionar estes temas.)
Denís.
As miñas palabras non viñan tanto a que tema unha debacle, como a que a
mudanza que se ten de producir na administración debe "provocar" unha
mudanza nos nosos xeitos de actuar "cara a galería" (entendendo esto no
senso positivo). Que andamos un pouco espallados esta ben craro, pero cando
falo con xente doutros grupos, a pesares das diferenzas, sempre acabamos
entendendonos e purrando no mesmo sentido, polo que creo que será doado
chegar a posturas comuns.
Esto creo que será positivo en todolos sensos para todos os implicados, por
activa ou por pasiva e cara a administracioón será máis sinxelo consensuar
actividades ao non ter que facer "panos quentes" asegún con quen falen/s.
Sempre tiven a sensación (digo:sensación) de que antes interesaba que
funcionaramos como "reinos de taifas" e sempre pensei (e sigo a pensalo) que
isto só favorecía á outra parte e non a os axentes do SwL.
M B
--
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx
Instale OpenOffice dende
http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id…...,
é LIBRE, DE BALDE, totalmente LEGAL, funciona mellor que outros paquetes de
oficina, e está en continuo desenvolvemento."