2009/10/27 Miguel Bouzada <mbouzada(a)gmail.com>om>:
Correo enviado a:
* AGNIX: Asociación de usuarios de GNIX
* AULUSC: Asociación de usuarios de Linux da Universidade de
Santiago
de Compostela.
* GALITE Grupo Asociado pola Libre Información e a Tecnoloxía de Foz
* GALPON: Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra
* GHANDALF: GHandalf ANaliza Difunde e ALenta o Floss
* GLUG: Grupo de Usuarios de Linux de Galicia
* GPUL: Grupo de Programadores y Usuarios de Linux
* GULO: Grupo de Usuarios de Linux de Ourense
* INESTABLE: Grupo de Usuarios de Linux de Ordes
* LUCUX: Asociación de usuarios de Software Libre de Lugo
* MELISA: Asociación de Software Libre de Melide
* OUSLI: Asociación de usuarios de Software Libre de Ourense
* PROXECTO TRASNO: Asociación Cultural para a Galeguización de
Software
Libre Proxecto Trasno
* Lista guls mancomun
Despois da xuntanza do pasado sabado en Santiago, a que acudiron
representantes de:
Galite
Galpon
Ghandalf
GLUG
Inestable
Trasno
e excusaron a súa non asistencia por problemas de última hora
AGNIX
OUSLI
Froito desa xuntanza foi o encargo que me fixeron de enviar a todos os
guls
unha nota recordatorio do proceso que estamos
tentando per en marcha.
Xa sei que algúns indicaron expresamente a súa intención de materse ao
marxe
deste proceso. Pregolles que non teñan a mal este
correo, ou que pensen
que
queremos acosar e/ou presionar, nada máis lonxe
da nosa intención.
A razón última deste envío e que de algúns grupos non recebimos resposta
ningunha, nin nun senso nin noutro, polo que pensamos na posibilidade de
que
alguén quedara no esquecemento. Por iso, aqueles
que, despois de informar
da
sua intención de non participar, non mudaran de
intención, que esquezan
este
correo e acepten as nosas desculpas.
Do resto, os que non recibiran antes nota algunha, se o teñen a ben poden
comunicarnos a súa intención de formar parte ou de non formar parte neste
proceso. Se nun tempo prudencial non recibimos resposta algunha
entenderemos
que (alo menos polo de agora) non desexan tomar
parte neste proceso. Só
recordarlles que se nalgún momento desexan incorporarse, serán todos ben
recibidos.
Dos que xa temos resposta favorable ao proceso, informarlles de que este
é
un bo momento se desexan mudar os datos do
representante do seu grupo
ante
este grupo de traballo.
Así mesmo, procedemos a manter a lista do grupo de traballo fornecida por
GALPon como de escritura restrinxida aos representantes dos grupos, que
forman parte deste grupo de traballo. Decidíuse que esta lista fose de
pública lectura, polo que estamos a proceder a artellar os medios para
que
así sexa (probablemente mañan xa esté visible).
Para mudar datos enviade unha nota a miña conta persoal <
mbouzada(a)gmail.com>
co asunto [federacion] (así cos corcgetes) e os
que desexen apuntarse ao
grupo dos que ainda non o fixeron, pregamos unha nota na rolda de guls
<guls(a)mancomun.org>rg>, pero que os datos referentes a conta de correo (así
como o nome do representante) sexan enviados a miña conta persoal para
poder
proceder a dar a alta a ese usuario como editor
nesa lista.
NOTA IMPORTANTE:
Non temos localizado o correo de AUSLAE, se alguén nolo poidera faríanos
un
gran favor.
Se hai algún grupo do que non temos noticia, e polo tanto non está neste
listado, por favor avisadenos para que poidamos invitalos a este proceso.
Dixéronme que o enderezo é fiscio(a)gmail.com
refireste ao de AUSLAE?
--
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx
Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/
Podes atoparme en GTalk e máis en