---------- Mensaje reenviado ----------
Subject: Re: [LUGS] Solicitude ao Goberno Español sobre IPRED
Date: Viernes, 17 de Febrero de 2006 12:02
From: "suso" <suso(a)ffii.org>
To: lugs(a)linux-galicia.org
mentras non consiga publicar a nova, a última versión da solicitude estará
aquí:
http://www.ffii.org/~suso/IPRED2.pdf
dixo: suso
Hola:
Infórmovos que existe unha nova proposta de directiva que pretende incluír
as infraccións sobre patentes como delitos criminais, equiparándoos a
asasinatos e esas cousas.
Hai un xeito de paralo: conseguir que os gobernos dos 25 estados membros
se dirixan por escrito á Comisión Europea antes do próximo luns 20 de
febreiro. Aínda que non é público, nós enterámonos desta posibilidade a
través da xente de Greens/EFA (os Verdes) no europarlamento, e onte
lanzouse a correspondente acción. Xa sabemos que os belgas se oporán ao
tema.
Eu acabo de traducir ao castelán o texto da carta proposta e agora
formateeino en pdf como documento da mesa. A idea é distribuílo para
faxear masivamente aos ministerios e demais organismos, incluído xunta,
que poidan influír para conseguir que o luns na Mesa da Comisión esté unha
cartiña do goberno español recomendando que non se inclúan os litixios de
patentes no ámbito penal.
Mentres escrebo isto, estou tratando de publicar a nova para deixar a
solicitude ao goberno español publicada e accesibel na nosa web, a ver se
soluciono os problemas técnicos... pero por se queredes publicalo xa nas
vosas webs, o texto que estou subindo sería iste, e xúntovos en anexo a
propria solicitude en castelán por se queredes ir subíndoa ás vosas webs;
correxida e formateada en PDF para imprimir/ faxear/ etc.
Desculpas polas presas...
Unha aperta,
Suso.
----
Solicitude ao Goberno do Estado Español sobre a directivaIPRED2 (2005/0127
COD)
A proposta de directiva de protección de direitos de propriedade
intelectual IPRED2 (2005/0127 COD) inclúe as infraccións de patentes na
listaxe de actos delictivos de caracter criminal. Esta directiva, de
aplicación inmediata en todos os estados membros, trasladaría os litixios
sobre patentes ao ámbito penal dende o ámbito civil onde eran tratados até
o de agora. Para impedilo, dende a FFII estamos solicitando aos gobernos
dos 25 estados membros que expresen por escrito á Comisión europea de
manter os litixios de patentes no ámbito da ley civil, facéndolles chegar
por fax esta solicitude (en castelán).
A ollos da Mesa Galega pola Libre Innovación, esta proposta, ademais do
evidente atentado á liberdade de expresión e á creación, tamén representa
un serio condicionamento para os procesos de innovación, un novo obstáculo
para a industria das TIC e por tanto das economías europeas, entre elas a
galega
Por todo isto unímonos á acción internacional que está a desenvolver a
FFII nistes intres e que trata de obter o rexeitamento dos gobernos a esta
tentativa. Para logralo, aproveitamos o feito de que sabemos que a
Comisión Europea terá en conta as opinións que lle fagan chegar por
escrito antes do próximo luns 20 os gobernos dos 25 estados membro.
Para nós o obxectivo é lograr que o goberno español se manifeste en contra
dise tratamento cando sexa preguntado.
Ista é a solicitude (en castelán) que estamos a enviar aos distintos
ministerios dos 25 estados membro informando distes feitos e solicitando o
rexeitamento deste tratamento criminal. Síntete libre de reenviala por
correo ou fax e facelo chegar a todos os departamentos de I+D, industria e
relacionados tanto do goberno galego como do goberno español que poidan
lograr axudar a que o goberno español se posicione por escrito contra a
criminalización da litigación de patentes.
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>