---------- Mensaje reenviado ----------
Subject: [LUGS] Consulta sobre o Sistema Europeo de Patentes
Date: Miércoles, 1 de Marzo de 2006 14:42
From: "Suso Baleato" <suso(a)ffii.org>
To: lugs(a)linux-galicia.org
Holá xentes:
Como saberedes, a Comisión Europea leva a idea de concretizar nesta
lexislatura a cuestión da Patente Europea. Con iste propósito lanzou unha
consulta pública previa sobre o futuro sistema europeo de patentes, con
data límite o 31 de marzo:
http://europa.eu.int/comm/internal_market/indprop/patent/consultation_en.htm
E xa estaredes ao tanto de que isto é en parte un intento de meter as
patentes de software pola porta de atrás despois de que tal posibilidade
fora rexeitada no parlamento europeo.
http://www.vieiros.com/publicacions/nova.php?Ed=42&id=47268
http://barrapunto.com/article.pl?sid=06/01/25/1146238
Na Mesa Galega pola Libre Innovación (o grupo galego da FFII) creemos que
é moi importante que os interlocutores públicos afectados polo sistema de
patentes -iso evidentemente inclúe aos lugs- lle fagades chegar a vosa
perspectiva á Comisión, e propoñémosvos facer fincapé en dúas cuestións:
1. Que o Sistema Europeo de Patentes actúe baixo control institucional, e
non baixo o control exclusivo da Oficina Europea de Patentes (OEP), que
como organismo extracomunitario emanado da Convención Europea de Patentes
de 1973, non está sometido ao control das leis europeas. Esto ten como
consecuencia por exemplo, que a OEP continúe concedendo patentes de
software a pesar da decisión contraria por parte do Parlamento Europeo.
2. Que o Sistema Europeo de Patentes exclúa a programación (software) do
ámbito da patentabilidade.
Para facilitarvos unha rápida comprensión da consulta, dende a Mesa
fixemos unha tradución ao galego -xa que a Comisión só disponibiliza os
textos en inglés, alemán e francés- que poderás descargar preparado para a
súa impresión nesta dirección:
http://mesagalega.ffii.org/imx/PATSTRAT.pdf
Tan só sería preciso que remitirades a resposta da túa Dirección Xeral a
estas cuestións, ben sexan todas ou só unha parte delas a esta dirección:
Mr Erik Nooteboom
Head of Unit
Industrial Property Unit
Internal Market and Services Directorate General
European Commission
Para calquera dúbida ou suxestión, aquí nos tendes.
Unha forte aperta,
Suso.
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"