---------- Mensaje reenviado ----------
Asunto: [Guls] Primeiras Xornadas de Coñecemento Libre e Dereito nas TIC en
Santiago de Compostela
Fecha: Martes, 25 de Noviembre de 2008
De: "Fran Dieguez (Listas)" <listas(a)mabishu.com>
Para: guls(a)mancomun.org
Os vindeiros días venres 28 e sábado 29 de Novembro celebraranse na Escola
Técnica Superior de Enxeñaría as *Primeiras Xornadas de Coñecemento Libre e
Dereito nas TIC*, organizadas pola Oficina de Software Libre da
USC<http://www.usc.es/osl>conxuntamente coa Asociación
de Usuarios de Linux da USC <http://www.usc.es/asociacions/aulusc/?q=gl> e o
Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza <http://www.glug.es/>, coa
colaboración da Asociación de Técnicos de Informática <http://www.ati.es/> e
o patrocinio da Consellaría de Innovación e
Industria<http://www.conselleriaiei.org/ga/web/index.php>e
Mancomún <http://www.mancomun.org/>.
Os relatorios versarán sobre o actual marco legal da informática e a
información, a fenda dixital, a política interna da USC sobre licenciamento
de contidos, privacidade e protección de datos, e propiedade intelectual.
Considéranse de interese para:
- *Investigadores*, *programadores* e *creadores* de contidos de calquera
clase que teñan ou queiran decidir sobre o modelo de licenciamento do seu
traballo.
- *Estudantes de Informática* e *informáticos* que busquen unha visión de
conxunto dos aspectos legais da súa profesión.
- *Estudantes de Dereito* que busquen especialización en dereito de
internet, da propiedade intelectual e das novas tecnoloxías.
- Interesados no estado actual da lexislación e xurisprudencia
sobre *propiedade
intelectual*, *privacidade* e protección de datos.
- Interesados sobre os aspectos xurídicos da *aplicación e validez de
licencias libres* no marco xurídico do estado español.
Pódese atopar o programa completo, as datas e o formulario de contacto na
páxina web das xornadas:
http://www.glug.es/xornadas-dereito-2008
Estades tod@s convidados.
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP SIP <capri99(a)ekiga.net>