GALPon realizará un obradoiro avanzado da suite ofimática de
OpenOffice.org na
Universidade de Vigo coa colaboración de TEGNIX e a participación de Claudio
F. Filho.
Nesta ocasión o obradoiro vai especialmente indicado para aquelas persoas que
empregan con regularidade as ferramentas de oficina coma procesadores de
texto, follas de cálculo ou presentacións pero que queren explotar ao máximo
as potencialidades do programa de Software Libre con maior proxección no
mercado mundial.
O prazo para a matrícula remata o día 6 de marzo, comezando xa para a seguinte
semana. Os días de clase serán Luns e Mércores de 16:00h ata as 19:00h.
Este novo obradoiro ven a completar os anteriores ofrecidos pola asociación a
través de Extensión Universitaria no campus de Vigo onde se ofrecía un nivel
básico de introdución da suite ofimática por Jose A. Fernández Troncoso e que
dispuso o material de traballo na súa web.
Nova orixinal
http://www.galpon.org/drupal/node/258
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP SIP <capri99(a)ekiga.net>