Os próximos 26, 27 e 28 de Outubro celebrarase a LinuxParty2004 na Cidade
Universitaria de Vigo organizada por
GALPon.org
A Linux Party é un lugar de encontro para todos aqueles que están interesados
na informática onde se promocionará o Software Libre, tendo como punto
central o Linux. Amosaranse as distintas posibilidades deste tipo de software
co obxectivo de difundilo na Universidade de Vigo e na sociedade en xeral.
A Linux Party está coorganizada polo Vicerrectorado de Extensión Universitaria
e Alumnado da Universidade de Vigo e pola asociación
GALPon.org que dará
asesoramento técnico os usuarios que queiran adentrarse neste mundo, e
aproveitar o ancho de banda para descargar as actualizacións ou instalar
Linux nos seus equipos. Non será unha party para descargar audio, vídeo ou
aplicacións non libres.
Celebrarase os días 26, 27 e 28 de outubro de 2004 durante as 24 horas no
Teatro da Cidade Universitaria do Campus de Vigo. Comeza o 26 ás 10 da maña e
remata o 28 ás 6 da tarde. Estimase unha participación de 100 persoas que
poden inscribirse ata o 19 de outubro na web:
www.universitua.org, cunha cota
de inscrición de 12?. O desenvolvemento da party é similar a outras tendo que
levar cada persoa o seu equipo e proporcionándoselle espacio para durmir e
asearse.
As empresas demandan técnicos que coñezan o Software Libre e poidan
implementalo nos seus proxectos. Os programadores "freelance" teñen nesta
party un bo escenario para amosar as súas habilidades. Comezan a existir
demasiadas parties e os usuarios de Software Libre buscan algo máis que
descargas indiscriminadas da rede.
Durante estes tres días faranse diversas actividades: concursos de
programación PHP, deseño gráfico, bash-scripting, "Toma da
Bastilla" (hacking), Real Time Battle, Linux na XBOX, obradoiro de antenas
WiFi, mostra de equipos electrónicos con Linux, .... e outras moitas.
Tamén haberá charlas e conferencias: "Novidades de kde3.3", "Proxecto
escomposlinux. Servicios distribuídos usando ADSL", "Software libre en el
entorno de investigación universitario", "Presentación de GNIX-Live CD en
galego. Adaptacións dun CD-Live", "Linux en entornos corporativos",
"Curso de
Gambas", etc.
Toda a información en
www.universitua.org e en
www.galpon.org, para consultas
vía email:
linuxparty2004(a)galpon.org
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <carlos(a)talgo.uvigo.es>