Ola.
Dende hai xa bastante tempo GALPon non interactúa co Gruvi, malia iso
mantemos boa relación cos voluntarios que quedan de aqueles tempos.
Postos en contacto cun deles infórmanos que o bolseiro que actualmente leva
o Gruvi leva uns días de baixa, polo que non está a seguir a caixa de
correo, e que nesta semana volve a incorporarse.
Se nun tempo prudencial segue sen responder, avisa de novo e volvemos
poñernos en contacto con eles.
M. Mouzada
O 15:10 do 20 de xaneiro de 2017, Jesús Amieiro Becerra <amieiro(a)gmail.com>
escribiu:
Boas:
Ata hai uns meses na empresa na que traballo enviabamos os equipos
informáticos para reciclar ao Grupo de reciclaxe informática da
Universidade de Vigo.
Hai un tempo que estou tratando de contactar con eles e non contestan aos
correos elctrónicos. A web parece que está caída
http://webs.uvigo.es/
gruvi/
Sabe alguén se deixou de funcionar o grupo de reciclaxe? En caso
afirmativo, alguén coñece algunha alternativa para poder darlle unha
segunda vida aos equipos informáticos, ou, no peor dos casos, para que
sexan reciclados adecuadamente.
Gracias
Saúdos
Jesús Amieiro Becerra
Linkedin:
http://www.linkedin.com/in/jesusamieiro
Twitter:
http://twitter.com/JesusAmieiro
Facebook:
http://www.facebook.com/JesusAmieiro
Blog:
http://www.jesusamieiro.com
Skype: amieiro
_______________________________________________
GALPon mailing list
GALPon(a)listas.galpon.org
https://listas.galpon.org/listinfo/galpon
--
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno»
http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo»
http://minino.galpon.org