*Mapas libres na web a partires de 0*
Creando e integrando un mapa dinámico (Slippy Map
<https://wiki.openstreetmap.org/wiki/Deploying_your_own_Slippy_Map>)
Vai algo máis dun mes que vos informamos do desenvolvemento deste
obradoiro, agora xa podemos concretarvos as datas, horarios e lugares.
Lugar e data:
Os obradoiros desenvolveranse dende as 10:00 ata as 18:30 da tarde (coa
correspondente pausa para xantar), nos locais de *A Industriosa
<http://aindustriosa.org/>*, na rúa *Barcelona nº 13*, 36203 *Vigo*, os
días *22* de *setembro* e *13* de *outubro*, ámbolos dous días caen en
sábado, como sempre,o acceso será de balde con inscrición obrigatoria e ata
o límite de prazas.
Inscricións:
Empregade *esta páxina de inscricións
<http://goo.gl/forms/ntfLTNdkyNLgtqnD3>* a fin de reservar praza e escoller
edición, o número de prazas por edición é de 20.
Nota: ámbalas dúas edicións serán iguais, facemos dúas só para dar cabida a
máis asistentes.
Podedes ver todos os detalles, así como un mapa de localización do local da
Industriosa en:
https://www.galpon.org/content/mapas-libres-na-web-partires-0