---------- Mensaje reenviado ----------
Asunto: [Guls] XGN
Fecha: Viernes, 23 de Marzo de 2007
De: Danie Bañobre <daniel(a)compostelawireless.net>
Para: Grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia <guls(a)mancomun.org>
Unha das cousas que queremos facer na XGN é documentar en tempo real as
actividades que se realicen no obradoiro 24h. A idea é que se xeneren
pequenos "Como" ou coleccións de enlaces a "Comos" xa esistentes.
A doble finalidade desta idea é:
* Dar publicidade ó obradoiro. Que os asistentes á XGN vexan que
se están a facer cousas e se acheguen.
* Xerar e recopilar documentación, que nunca está de máis.
Esta iniciativa se uniría ó XGN Enblogado, que consiste en realizar unha
recoplación de blogues de asistentes á XGN. Deste xeito xeramos un punto
de información paralelo, no que os asistentes á XGN expoñen as suas
impresións, publican e anuncian en tempo real.
A promoción destas iniciativas realizarase no propio evento, mediante
follas de publicidade que repartiremos polas mesas dos participantes na
intranet da XGN, sistema que o ano pasado nos deu moi vos resultados
(¡viva a tecnoloxía analóxica).
As persoas que vaides a participar na XGN e que teñades un blogue
podedes mandar a dirección xa, para ir construindo a páxina e que o
resto de participantes xa se atopen cousas cando chegue o dia. Iso
animaralles máis a participar.
Saudiños.
_______________________________________________
Guls mailing list
Guls(a)mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodríguez <capri99(a)gmail.com>
GALPon.org - "Abrindo as portas do Sofware Libre"
VoIP <capri99(a)ekiga.net>