Tras moitas horas de traballo en equipo (e as que nos quedan) volvemos ter
unha distribución decente para ordenadores con poucos recursos, cun novo
«look» renovado, moitisimas melloras, e utilidades que agardamos que vos
gusten:
-
Escritorio dobre, baseado en ROX-Filer (principal) e PCManfm. Con cambio
ao voo.
-
Lxp-icewm con interesantes características extras con respecto a IceWM:
miniaplicacións para controlar o volume, a enerxía da batería, a
localización do teclado, selector de escritorios, aparencia máis coidada,
etc.
-
Os menús agora actualízanse automaticamente ao instalar programas.
-
Temas de xanelas de deseño propio, inspirados no tema «Clearlook». moi
frescos e actuais.
-
No escritorio agora aparecen as tarxetas e memorias USB automaticamente.
-
En ROX-Filer, como na anterior versión, mantemos a distribución dos
elementos do menú para que sexa máis amigable, buscador (catfish
incorporado), renomeador masivo (integrado tamén), abrir xanela como
administrador, etc...
-
Tamén utilizamos FUSE para montar automaticamente arquivos comprimidos
(zip, tgz, deb, iso...) e ver ou utilizar o seu contido sen ter que
descomprimilos.
-
Así mesmo, engadimos unha barra superior de miniaplicativos para realizar
tarefas puntuais ou con ficheiros de forma masiva, por exemplo: cortar/unir
ficheiros, calcular a suma md5, redimensionar ou virar imaxes, queimar unha
imaxe de cd, crear un CD de son, converter entre distintos formatos de vídeo
e son, instalar tipos de letra no sistema...e todo iso simplemente
arrastrando cara ao miniaplicativo os ficheiros que queremos tratar.
-
Prato forte, cun simple clic, xeración automática dun LiveCD :-)
-
Entre os aplicativos que podemos atopar nesta versión: abiword, mtpaint,
ayttm, leafpad, fotoxx, printoxx, gliv, xmms, mplayer, mhwavedit, winff,
epiphany, bashare...
E, como sempre, cun especial coidado na localización de todos os programas,
nesta ocasión acadamos practicamente o 100% no galego, no español e no
inglés.
Animamos a todo o mundo a instalar esta versión Beta e encantaríanos que
nos deixásedes algún comentario, dúbida, problema, suxestión...na lista de
correos en Google Groups (
http://groups.google.com/group/minino-distro).
Así mesmo, facemos un chamamento especial a documentadores ou afeccionados
a facer tutoriales ou videotutoriales, para axudarnos a actualizar as
páxinas da axuda de GALPon MiniNo.
Podedes descargalas de aquí:
Máquina virtual para VirtualBox
http://gruvi.galpon.org/ISOS/minino-1.2-beta-i686.vdi.bz2
Imaxe en crú para envorcar a un USB
http://gruvi.galpon.org/ISOS/minino-1.2-beta-i686.dd.bz2
Imaxe para gravar un CD vivo -instalador
http://gruvi.galpon.org/ISOS/minino-1.2-beta-i686.iso