From: "Rafa Couto"
<rafacouto(a)gmail.com>
Reply-To: Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra
GALPon<galpon(a)listas.galpon.org>
To: "Gabinete de Prensa GALPon" <prensa(a)galpon.org>rg>, "Lista
galpon"
<galpon(a)listas.galpon.org>
Subject: [Galpon] GALPon presente en Festigal 2006
Date: Sat, 22 Jul 2006 15:25:52 +0200
GALPon presente en Festigal 2006
GALPon estará por terceiro ano consecutivo no Festigal participando con
outras asociacións para promocionar o software libre. As xornadas, co
motivo
do día da nación, serán os días 24 e 25 de xullo no Campus Sul da
Universidade da capital.
A organización do Festigal 2006 [1] habilitou o caixón expositor "Galería
do
software libre" que compartirán GALPon (Grupo de Amigos de Linux de
Pontevedra), AGNIX (Usuarios de Gnix), Compostela Wireless e Mancomun-Org.
Ofrecerase información relacionada co software libre en xeral, e
particularmente, das actividades que as asociacións galegas están a
desenrolar nas catro provincias.
Por outra banda, a xuntanza das asociación permite o intercambio de ideas e
relación no ámbito galego. En día tan sinalado, compártense sensacións para
normalizar o uso do software libre ós niveis particular, empresarial e a
administración. Neste último, cabe destacar o impulso que a Xunta quere
darlle o software libre na administración, tra-lo éxito que veñen tendo
outras comunidades como a extremeña [2] ou andaluza [3], que xa dispoñen
dende hai tempo das súas propias distribucións de GNU/Linux.
- [1] Festigal 2006 <http://www.festigal.com/>
- [2] gnuLinEx (GNU/Linux de la Junta de
Extremadura)<http://www.linex.org/>
- [3] Guadalinex (GNU/Linux de la Junta de
Andalucía)<http://www.guadalinex.org/>
Etiquetas: festigal, software libre, galiza.
_______________________________________________
Lista de correo de GALPon
galpon(a)listas.galpon.org
https://listas.galpon.org/cgi-bin/mailman/listinfo/galpon
_________________________________________________________________
Charla con tus amigos en línea mediante MSN Messenger: