Dentro da promoción e difusión do Software Libre na sociedade, GALPon, en
colaboración co Vicerreitorado de Extensión Universitaria e maila Escola de
Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, fará un obradoiro
(taller práctico) de 30 horas titulado "FERRAMENTAS DE SOFTWARE LIBRE PARA
ORDENADOR". O seu enfoque é de iniciación ao sistema GNU/Linux, unha demanda
cada vez máis importante hoxe en día.
As prazas son limitadas polo que aqueles persoas interesadas, deberán facer a
inscrición canto antes.
Máis información en:
http://apv.uvigo.es/cursos_extension/publico/publico.php?funcion=amosa_info…
http://www.galpon.org/modules/news/article.php?storyid=463
Un cordial saúdo,