Boas xente.
Ista é a convocatoria de axudas para realizar actividades na Universidade de
Vigo durante o ano 2006 dirixida a GALPon como asociación inscrita no
rexistro de asociacións desta Universidade.
http://extension.uvigo.es/contidos/convocatorias.html
Polo momento se tén pensado facer un curso de Wi-Fi e un obradoiro de
GNU/Linux básico de 30 horas.
Se tendes algunha idea ou proxecto que se poida encadrar nesta convocatoria,
faremos o posible para levala adiante.
É importante salientar que estas axudas cubren os gastos, as dietas e os
honorarios dos que queiran dar a actividade. Son actividades REMUNERADAS e
por tanto podedes sacar algúns cartos facéndoas. Recordade que o Software
Libre non é gratis :-)
Se tendes algunha dúbida, xa sabedes :-)
Un cordial saúdo,
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>