Hoxe cadroume de ver en youtube un video de un "juanker" que trataba de
amosar un ataque de SQL injection; o típico, nada do outro mundo...
O que me chamou a atención foi que no seu ataque conseguíu en principio
o contrasinal do administrador dun sitio phpnuke, aínda que éste estaba
encriptado en MD5.
Ata ahí todo normal, en principio a partir do MD5 non se pode obter a
clave porque a función non e inversible...
Ahora ven o gracioso: resulta que alguén con moito tempo libre creou
unha base de datos de encriptacións MD5 de cadeas comúns, así que o
juanker só tivo que consultar a cadena no buscador e... ¡sorpresa! nunha
fracción de segundo obtivo a password en claro.
Ata o de agora eu creía que MD5 era algo semiseguro, pero polo visto
estaba totalmente equivocado. Non sei a vos, pero a mín deixoume clavado.
Se queredes probar a ver se as vosas contrasinais son vulnerables
(DISCLAIMER: as cadeas que poñades no buscador quedan rexistradas),
podedes probalo en
http://md5.rednoize.com/
Se non tedes ganas de probar con algunha contrasinal "perigosa", podedes
probar a seguinte, que seguro vos soa de algo
6f40f3f4545172f11cd539111442861a
ou esta (nesta hai truco :P)
4cb2b7ea56b3d216359cffb12d685d68
P.D. Nunha das bases de datos que administro estaban rexistradas 8 de
10, por suposto non a miña, pero non deixa de ser algo chungo.
Unha aperta e saúdos a todos. Sorte ós que andedes metidos en fregados
examínicos.