Noticia en
GALPon.org:
http://www.galpon.org/modules/news/article.php?storyid=443
Os próximos 23 e 24 de Novembro,
GALPon.org participará na feira
Universitúa'05 (
http://www.universitua.org) onde disporá dun stand
informativo para todos aqueles interesados en coñecer o Software Libre e
GNU/Linux.
Como novidade este ano,
GALPon.org xunto co Vicerreitorado de Extensión
Universitaria da Universidade de Vigo concederá 1 crédito de Libre Elección a
todos aqueles que asistan ao curso gratuito de "Introducción ao Software
Libre e GNU/Linux" que se impartirá o día 19 de Novembro e se rexistren
gratuitamente no "Congreso Unísono de Asociacionismo" os días 23 e 24 de
Novembro.
Para acceder ao crédito de Libre Elección, os interesados deberán seguir as
instruccións na páxina web da feira
http://www.universitua.org e que son:
1.- Enviar unha mensaxe por correo electrónico antes do 15 de Novembro a
organizacion(a)universitua.org cos seguintes datos:
- Curso a realizar: "LINUX"
- Nome e apelidos
- DNI
- Teléfono
- Correo electrónico
O curso é gratuito e realizaráse o día 19 de Novembro de 10:00 - 14:00 e de
16:00 a 20:00 na E.U. de Estudios Empresariais (Rúa Torrecedeira, 105) -
Vigo. Inscrición gratuita e prazas limitadas.
2.- Rexistrarse gratuitamente no Congreso Unísono de Asociacionismo
(
http://congreso.universitua.org) que se celebrará os días da feira (23 e 24
de Novembro) no Edificio Miralles, Cidade Universitaria, Vigo.
Máis información:
http://www.universitua.org
organizacion(a)universitua.org
http://congreso.universitua.org
info(a)galpon.org
(Prégase a máxima difusión, grazas).
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>