O uso de memoria do Firefox que comentas non é normal. A min ocúpame 96
MB na RAM cuns cantos engadidos. Recoméndoche que crees un novo perfil e
abras o firefox cun perfil limpo, e compares o uso de memoria. Isto
adoita ser abondo para rematar co uso excesivo de memoria (penso que é
un problema na base de datos sqlite).
O amarok a verdade é que é un "chupóptero" de RAM. O rhythmbox a min
ocúpame 80 MB na RAM con máis de 10.000 cancións
O kwin non o vexo moi desmadrado, se tes en conta que sobre él se
construen todas as xanelas do sistema. Ten que soportar todos os
deseños, os efectos, etc.. (isto o digo un pouco por dicir, non sei se
estou certo de todo).
Algo que podes facer moi sinxelo e que che pode sacar de dúbidas é crear
un novo usuario e iniciar unha sesión limpa, así podes comparar. Logo
eliminas o usuario e o /home correspondente e nin rastro.
Saudos.
Show replies by date