Reenvío correo recibido convidándonos a un hackatón en Padrón.
---------- Mensaxe reenviada ----------
De: Oficina de Coordinación de Software Libre <ocfloss(a)xunta.es>
Data: 29 outubro 2015 11:30
Asunto: [Guls] Invitación ao "I Hackatón solidario: Intro para tod@s"
Para: Grupos e asociacións de usuarios de GNU/Linux de Galicia <
guls(a)mancomun.org>
Bos días,
Achegamos información da actividade que se organiza dende o Concello de
Padrón que pode ser de interese para a Comunidade de Software Libre
interesada no campo de accesibilidade.
O Concello de Padrón, a través da súa Aula CeMIT, co apoio e colaboración
da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a
Asociación de Nais e Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (AMIPA)
da comarca do Sar e Fundetec, está a liderar o *proxecto *piloto de *Innovación
Social Dixital: **"Intro para tod**@**s", *
No marco deste proxecto, xorde o *I Hackatón solidario sobre usabilidade e
accesibilidade das TICs baseado en software libre**, *que aspira a que
desenvolvedores de sistemas e empresas, adicadas á tecnoloxía, aúnen
solidariamente os seus esforzos en mellorar a accesibilidade e usabilidade
do equipamento informático de uso público da aula CeMIT de Padrón, coa
finalidade de facer máis autónomas ás persoas usuarias con discapacidade
intelectual (PcDI) da Asociación de Nais e Pais de PcDI da comarca do Sar,
no uso das TIC.
*Agradeceriamos que fagades correr a voz e que ilusionedes a outros
profesionais para estar en Padrón o día 4 de novembro cos seus equipos.*
Cremos que vos podedes facer grandes achegas nesta liña de coñecementos,
contribuíndo a que persoas con dificultades tanto no acceso como no uso a
nivel funcional da tecnoloxía, poidan empregar equipamento informático en
igualdade de condicións, favorecendo a súa integración real no ámbito das
Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
Podedes atopar *máis información* sobre a convocatoria, as bases do
concurso e acceder ao formulario de inscrición na seguinte ligazón:
http://cemitpadron.blogspot.com.es.
Agradecendo de antemán a vosa atención, recibide un cordial saúdo
--
*Oficina de Coordinación de Software Libre*
Departamento de Innovación Tecnolóxica. Área Sociedade Dixital
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Xunta de Galicia
Teléfono: 881 995600
software.libre(a)xunta.es
Centro de Innovación Cultural de Galicia
Monte Gaiás s/n
15781 Santiago de Compostela
_______________________________________________
Guls mailing list
Guls(a)mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls