---------- Mensaje reenviado ----------
Subject: [Mesagalega] [Fwd: Sobre o acordo programático co PSdG: Novas
Tecnoloxías.]
Date: Viernes, 1 de Julio de 2005 12:01
From: "Suso Baleato" <suso(a)ultreia.org>
To: mesagalega(a)ffii.org
Xentes:
Ista é a mensaxe que acabo de enviar ao responsabel da Comisión de Novas
Tecnoloxías do BNG, co que acabo de manter unha conversa telefónica.
Agardo novas da xente que está a contactar co PSOE.
Despois de darlle unhas voltas, penso que dende a Mesa debemos centrarnos
en lograr que o acordo programático BNG-PSdG inclúa a promoción de
estandares abertos. Se iso debe facerse baixo a forma de neutralidade
tecnolóxica ou se debe facerse baixo a escolla do software libre, é algo
que deberíamos decidir na lista e propoñerllo masticado a ambos partidos
para facilitar o acordo. Comezamos a traballar niso?
No que se refire ao concurso vía urxente da Xunta, penso que o noso
traballo debe consistir en trasladarlle aos partidos políticos e a quen
corresponda a advertencia do que iso supón: un cabalo de troia do emporio
HP-Compaq-Microsoft que impedirá calquera acción de goberno sobre a rede
da Xunta durante a próxima lexislatura. Pola parte positiva sobre todo: se
a administración pública emprega estandares abertos, moitas empresas
poderán comezar a ofrecer servizos que niste momento só poden ser
desenvolvidos por quen teña a certificación correspondente -ademais das
licencias, os cursos e todo o demais. No caso de Sanidade, supón unha
privatización encuberta da xestión de rede, e se iso non preocupa aos
partidos políticos, é por que non están a ter en conta que quen controla a
rede controla o sistema. Os datos sanitarios dos pacientes non poden estar
en mans de empresas privadas.
Saúde,
Suso.
---------------------------- Original Message ----------------------------
Subject: Sobre o acordo programático co PSdG: Novas Tecnoloxías.
From: "Suso Baleato" <suso(a)ultreia.org>
Date: Fri, July 1, 2005 8:48 am
--------------------------------------------------------------------------
Bos días Mario:
Póñome en contacto contigo como voceiro da Mesa Galega pola Libre
Innovación, o capítulo galego da FFII -Foundation for a Free Informational
Infrastructure-, unha organización non gubernamental con sede en Munich
(Alemania). A Mesa Galega pola Libre Innovación é un grupo de interese
conformado por empresas, organizacións non gubernamentais e outras
instáncias da sociedade galega vencelladas ás novas tecnoloxías da
información e da comunicación.
Tal como te informaba por teléfono, dende a Mesa estamos a traballar para
que o acordo programático de goberno promova o uso de estandares abertos
no ámbito da administración pública galega. Esto facilitará a
interoperabilidade de solucións técnicas, o que ten unha clara incidencia
na xeneración de emprego a través de novos emprendementos empresariais
endóxenos, un verdadeiro incentivo para a industria galega do software. O
acordo programático podería consistir en establecer un criterio de
neutralidade tecnolóxica tal como foi proposto polo executivo central, ou
idealmente apostar polo software libre tal como teñen feito outras
administracións autonómicas tamén gobernadas polo PSOE.
Posto que constatamos a coincidencia nesta materia nos programas
eleitorais de ambos partidos e na súa práctica política, consideramos que
un achegamento en torno a esta materia resultaría realmente doado, e mesmo
podería actuar como catalizador para o consenso noutras materias
vencelladas coma cultura, sanidade, educación ou industria.
No que se refire aos concursos de servizos informáticos convocados pola
Xunta de Galiza, o meu motivo de preocupación atópase en que afectan aos
pontos neurálxicos da rede informática: as consellerías de Presidencia,
que xestiona a rede de comunicacións, e a de Sanidade, que iniciou un
proceso de privatización que pretende ser afianzado con ise concurso. Caso
de que estes concursos sexan concedidos tal como é previsibel, resultará
materialmente imposibel no decurso desta lexislatura encetar accións de
goberno coherentes cos compromisos de ambos partidos, abrindo ademais unha
vía para o control externo destas redes a través das cais flúen os datos
de xestión destas instancias administrativas. Personalmente considero que
o papel tanto do BNG coma do PSdG debería ser o de paralizar a concesión
destes concursos até que se garantice que a concesión responda aos
critérios do novo goberno.
Fico á túa disposición para ampliar estas cuestións e póñome á túa
disposición para quedar en calquera momento personalmente ou no contexto
de calquera reunión que poiderades considerar oportuna.
Un saúdo,
Suso Baleato.
_______________________________________________
MesaGalega mailing list
MesaGalega(a)ffii.org
http://lists.ffii.org/mailman/listinfo/mesagalega
-------------------------------------------------------
--
-----------------------------------------
Carlos Rodriguez <capri99(a)gmail.com>