Agora dou eu o meu punto de vista:
Canto de kernel hai en Ubuntu, Debian, GnewSense, minino, Galinux,
trisquel ou calqueira outra? tendo en conta que o kernel son
aproximadamente 80 MB.....toca a 0.005 %
Que pasa con GNU?, que si nos fixamos é no que consiste A MAIORIA dos
sistema operativo. (Gnome, ferramentas básicas, compiladores...)
Todas esas SUB-Distros non aportan nada mais ca publicidade, cando é a
Xunta quen mete os cartos. Mellor investidos estarían si en vez de
pagarlle o soldo a catro e extras a sabe deus cantos mais, se adicara a
PROMOVER O ENSINO libre e colaborar cos desenvolvedores.
Co tema de Ubuntu.... penso que o seu cometido non é desenvolver o
kernel, se non COMPOÑER un sistema operativo. Efectivamente hai moitas,
pero que moitas cousas non libres en Ubuntu.
Canonical está demasiado metido no mundo comercial e pretende ser un
grande a costa de pequenas (grandes) concesións ao software privativo.
Por iso Ubuntu é a distro mais compatible de todas coas BIOS, distribue
drivers e firmwares de todo cristo, propietarios a maioria, etc-
Hai que ter ben claro o que se pretende. Si queremos liberdade como
predica Ubuntu non se pode vender ao software privativo.
Show replies by date